mércores, 11 de maio de 2016

Nova rebelión de centros educativos contra a reválida

Numerosos centros participarán na protesta que terá lugar o día 11 e que rematará cunha manifestación diante da Consellería de Cultura.

Varios centros educativos sumáronse este luns  ás protestas en contra da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e das probas de nivel individuais que esta establece, coñecidas como reválidas.
Segundo informou a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público nun comunicado, son xa numerosos os centros que se sumarán ás concentracións que se realizarán este mércores día 11 cunha manifestación ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na xornada de comezo destes exames, que se prolongarán até o venres 13.
Esta entidade reiterou o seu chamamento a aqueles pais cuxos fillos vaian ser examinados para que estes non sexan enviados aos centros nos días que se realizan as probas e demandou á Administración a paralización das reválidas e da propia LOMCE.
Esta plataforma está integrada por distintos colectivos relacionados co ensino, que van desde sindicatos a asociacións de pais e nais, pasando por agrupacións estudantís e partidos políticos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario