A Plataforma galega en defensa do ensino público fixo un chamamento á comunidade escolar a non tomar parte nestas probas que decorren o 24 e 25 de maio e a se sumar á mobilización do 24 diante da Consellería de Educación.
Como un “rotundo éxito” da comunidade escolar e un “estripitoso fracaso” da Consellería de Educación cualifica a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
o “absentismo xeneralizado” nos exames de reválida de 6º de primaria.
Un absentidmos que agarda que se repita os días 34 e 25 de maio, no que
teñen lugar as reválidas de 3º de primaria. Por iso, a Plataforma fixo
un chamamento ás familias a non levar ás súas fillas e fillos aos
centros neses días, e asistir á concentración o día 24, ás 11:15 horas,
en San Caetano, diante da consellaría de Educación.
Anxo Louzao, secretario nacional da CIG,en representación da Plataforma, afirmou que o primeiro día da reválida o absentismo foi superior ao 80% e mesmo se incrementou os dous días seguintes, superando o 82%. Louzao especificou que houbo zonas nas que o rexeitamento ás probas foi xeneralizado, con centros nos que faltou o 100% do alumnado chamado a realizar estes exames, como o Morrazo, Barbanza, O Salnés, O Baixo Miño ou a zona de Compostela. Con estes dados, indicou, o normal sería que se paralizaran as probas de terceiro de primaria convocadas para os días 24 e 25 de maio. Porén, denunciou, a Xunta “segue obstinada” en mantelas, o que cualificou como “un acto de tiranía” e un “despilfarro de tempo escolar e de cartos”.
A Plataforma Galega agradeceu o esforzo realizado polas familias, que tiveron que facerse cargo das fillas e fillos eses 3 días, as cales participaron en máis de 100 asembleas informativas sobre estas reválidas. Ao remate da rolda de prensa, e a preguntas dos xornalistas respecto da afirmación do presidente da Xunta de que as familias estaban sendo manipuladas, Louzao considerou as súas palabras unha “sandez” e lembrou que a Plataforma Galega en Defensa do ensino Público nin ten medios de comunicación, nin ten recursos para manipular. “Só temos a posibilidade de explicar o que implica e son as familias as que se decatan de que estas probas nada valen e de que ninguén mellor que o profesorado sabe que tipo de reforzo precisa o alumnado”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario