CIG-Ensino convoca unha concentración na terza feira (10 de maio) contra o que coidan unha fraude.
As listaxes definitivas publicadas pola
Consellaría de Educación a respeito das prazas vacantes que se cubrirán
no curso 2016-2017 recollen, malia os recursos presentados, a praza
ad-hoc creada para a actual directora do MUPEGA.
A central sindical, autora dun dos recursos xunto coa propia Xunta de persoal do centro, convocou unha concentración o 10 de maio perante as oficinas da Delegación territorial de Educación en Pontevedra para rexeitar o que tildan de "adxudicación fraudulenta" dunha praza que "non existe", subliñan. “A CIG-Ensino xa protestou nas mesas de negociación e presentou reclamacións e recursos para que se revisase a praza, obtendo unha negativa por resposta”, sosteñen. Diante disto, optaron por convocar unha concentración na porta do edificio administrativo da Xunta en Campolongo esta terza feira ás 11.45h.
É a terceira vez que tentan enchufalaComo avanzaba Sermos Galiza no mes de abril trátase dunha praza na especialidade de Conservación e Restauración de Documentos gráficos, unha especialidade que non se imparte no centro. En Pontevedra, unicamente se ofertan Pintura, Escultura e Arqueoloxía. Porén, é "a terceira vez que tentan enchufala", denunciaban na altura desde a CIG-Ensino.
A central sindical, autora dun dos recursos xunto coa propia Xunta de persoal do centro, convocou unha concentración o 10 de maio perante as oficinas da Delegación territorial de Educación en Pontevedra para rexeitar o que tildan de "adxudicación fraudulenta" dunha praza que "non existe", subliñan. “A CIG-Ensino xa protestou nas mesas de negociación e presentou reclamacións e recursos para que se revisase a praza, obtendo unha negativa por resposta”, sosteñen. Diante disto, optaron por convocar unha concentración na porta do edificio administrativo da Xunta en Campolongo esta terza feira ás 11.45h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario