Centros de ensino de todo o país mobilizáronse na hora do recreo para
amosar o seu rexeitamento á lei na semana en que dan comezo as
reválidas.
Esta cuarta feira (11 de maio) comezarán os exames de avaliación do alumnado de 6º de Primaria. Con motivo da
execución das reválidas,
que tamén atinxirán o estudantado de 3º curso, a comunidade educativa
dos centros de ensino galegos desenvolveu diversos actos de protesta
coincidindo coa hora do recreo.
As mobilizacións fan parte do calendario convocado pola Plataforma galega en defensa do ensino público e dan continuidade ás
decorridas o 4 de maio en vilas e cidades do país.
Desde a plataforma reiteran o seu chamamento ás familias para que non
leven as súas crianzas aos centros educativos nas datas en que teñan
lugar as probas.
O
11 de maio está prevista unha concentración diante da Consellaría de Educación coincidindo co inicio das probas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario