O "ranking" dos municipios "en branco" encabézano Abadín (A Coruña) con 2.721, Monfero (A Coruña) con 2.109, Aranga (A Coruña) con 2.051 habitantes, Cervantes (Lugo) con 1.563 e Ourol (Lugo) con 1.123 cidadáns.
Máis de 88.000 galegos non teñen acceso a Internet a través das operadoras convencionais de ADSL, Fibra Óptica ou WiMAX, segundo un estudo realizado pola operadora de servizos por satélite Quantis que inclúe datos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.Un total de 88.031 galegos que na súa maioría localízanse en zonas con escasa densidade de poboación ou de difícil acceso, onde a cobertura das grandes operadoras non supera en ningún caso o 30%. Zonas de Galicia onde tamén hai numerosas empresas, na súa maioría pemes, que ven dificultade na súa actividade empresarial pola ausencia dunhas comunicacións vitais para o negocio.
O "ranking" dos municipios "en branco" encabézano Abadín (A Coruña) con 2.721, Monfero (A Coruña) con 2.109, Aranga (A Coruña) con 2.051 habitantes, Cervantes (Lugo) con 1.563 e Ourol (Lugo) con 1.123 cidadáns.
Segundo Aquilino Antuña director xeneral de Quantis, "hai moitos puntos brancos en toda a xeografía española. Aínda queda moito por facer, é importante que os habitantes das zonas rurais accedan aos mesmos servizos que os de zonas urbanas”.
As zonas “en branco” existen en todas as provincias e inclúen polígonos industriais, zonas suburbanas e municipios de tamaño medio onde as conexións de banda ancha teñen escasa calidade ou simplemente non existen. Por comunidades, a lista de “cidadáns desconectados” encabézaa Castela A Mancha, Castela e León, Aragón e Valencia. En paralelo, só un 60% dos fogares españois navega por encima dos 30Mbps.
Para Aquilino Antuña, a solución está no satélite" porque o ceo ofrece unha cobertura do 100 por 100. “O Satélite é a única tecnoloxía que chega a todas partes e a única que chega onde non chegan as demais”, sinala a través dun comunicadao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario