Agradece ás familias que atenderan o chamamento da plataforma galega e reclama de Educación e do goberno da Xunta que paralicen a aplicación destas probas e da LOMCE.
A Plataforma Galega en defensa do Ensino
Publico afirmou esta mañá, no decurso da concentración celebrada diante
de Educación, que tanto a Consellaría como o Goberno galego deberían
tomar nota do maioritario rexeitamento do conxunto da comunidade escolar
á LOMCE e ás reválidas. Agradece o apoio maioritario das familias e
afirma que seguirá coas mobilizacións até a derrogación desta lei
antisocial, recentralizadora e discriminatoria.
Segundo os datos que ten a esta altura a Plataforma Galega, na
grande maioría dos centros houbo alumnado que faltou ás probas, noutros
foi moi maioritario e en moitos centros non asistiu nin un só alumno ou
alumna. Diante disto, Anxo Louzao, en representación da Plataforma
Galega en Defensa do Ensino Público explicou que, no conxunto “estamos
en disposición de afirmar que ao redor do 80 por cento do alumnado de 6º
de primaria, no ensino público, segundo os datos provisionais, non
realizou as probas. E o pouco que asistiu fíxoo en moitos casos por
imposibilidade das familias de deixar os/as fillos e fillas nas casas
pero aínda así manifestaron o seu rexeitamento a estas probas”. Por iso a
PGDEP esixiu máis unha vez, da Consellaría, a paralización “deste
despropósito e aberración pedagóxica” e demandou que se paralice a
realización das probas de terceiro de primaria previstas para o 24 e 25
deste mes.
Tamén a estudante Iria Figueroa, en representación da Plataforma, subliñou que a resposta das familias amosa o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade no se conxunto á LOMCE e ás reválidas unha probas que “van en contra da igualdade de oportunidades no ensino público”.
“Estamos moi satisfeitos polos datos de non asistencia a estas probas que son innecesarias e estériles e que poñen atrancos na vida dos noso fillos e fillas. É incríbel que haxa un goberno que queira etiquetar a nenos e nenas destas idades”, indicou Fernando Laccaci.
Anxo Louzao considerou que coa masiva insubmisión das nais e pais “constátase que a LOMCE estase aplicando de costas á sociedade” o que entende que obriga á súa paralización e posterior derrogación. Ademais denunciou que estas probas parten dunha concepción clasista e selectiva da educación; que contribúen a afondar na división social e limitan o dereito á educación. “Pretende ser unha maquinaria de selección social. Pedagoxicamente supoñen unha presión innecesaria para o alumnado mediante probas que van avaliar exclusivamente estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que ter en conta as circunstancias tanto persoais como socioeconómicas da alumnado”. A isto engadiu que “recentralizan o sistema educativo, na medida en que non ten cabida o estudo e coñecemento de aspectos que nos conforman como pobo galego e como persoas”.
Neste sentido Louzao lembrou que se limitan a avaliar os aspectos científico- matemático e científico-tecnolóxico desprezando competencias doutros ámbitos imprescindíbeis para a formación integral do alumnado. “Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente xogándose o alumnado todo a unha proba, sen considerar a opinión e avaliación do seu profesorado”. A este respecto denunciou que se “subestima” e “desconsidera” así o traballo do profesorado xa que se condiciona o seu traballo á preparación das reválidas, tendo que marxinar outros aspectos fundamentais para ter unha formación máis completa. Ademais denunciou que pretenden conformar rankings de centros segundo os resultados e afirmar o neoliberalismo na escola introducindo valores competitivos, insolidarios e individualistas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou que continuará mobilizándose e loitando até que desaparezan as reválidas e máis a LOMCE e agradece o esforzo e sacrificio que para as familias supón non enviar aos seus fillos e fillas aos centros escolares.

Ningún comentario:
Publicar un comentario