O
ámbito da Universidade de Vigo celebrou este mes de maio o
centenario das Irmandades da Fala, e fíxoo baixo o seguinte lema: Na
Universidade en galego sen prexuízos. Boa
parte destas actividades de festexo e convite colectivo para
empregarmos a lingua desenvolveuse nas redes sociais, da man do
alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
(Campus de Vigo). Este mércores, coincidindo coa achega da última
mensaxe (Todo ten un fin, o emprego da nosa lingua) os
estudantes responsábeis da dita campaña 2.0 reuníronse co reitor
Salustiano Mato; o decano da Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación, Xosé Manuel Baamonde e o director da Área de
Normalización Lingüística, Paulo Cabral. O obxetivo: facer balance
de todo o acadado a través da iniciativa nas redes sociais.
Segundo fixeron saber
os alumnos Pablo Baldomir, Elsa de Dios, Natalia Álvarez e Catarina
Barcala, a campaña tivo a súa orixe nun contacto coa Área de
Normalización Lingüística, con que se compartiu, de base, a mesma
arela a prol do fomento do uso do galego. Aproveitando a celebración
do centenario da creación das Irmandades da Fala, propúxoselle ao
dito departamento a idea de realizar unha comparación da actualidade
e textos da época das Irmandades en redes socias, “que están moi
vixentes hoxe en día polo uso por parte da xente nova”, explicou
Pablo Baldomir, engadindo que finalmente chegouse a unha media dunhas
mil visualizacións por cada publicación.
Segundo fixo saber Elsa
de Dios, a idea central foi facer unha comparativa de como eses
prexuízos que denunciaban os impulsores das Irmandades da Fala
séguense a cumprir. Para facelo de maneira visual empregáronse
gráficas creadas para as redes sociais.
En palabras de Catarina
Barcala, o que se buscaba plasmar é que cen anos despois das
actividades das Irmandades da Fala “os seus textos seguen en plena
vixencia e moitas das cousas que os seus integrantes e promotores
denunciaron no pasado seguen a pasar na actualidade”. A estudante
tamén fixo saber que “as mensaxes chamaron moito a atención polo
contraste entre os textos antigos e as iconas das redes sociais”.
Lembrar que a campaña
botou a andar o pasado día 11 e remataba onte 25 de maio. Ao longo
destas dúas semanas guindáronse ao universo dixital máis dunha
ducia de mensaxes. Por exemplo: E ti tuiteas en galego?, En
que lingua opinas?, E a ti gústache?; Viaxa con ela
polo mundo; A lingua non é un xogo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario