
Actualmente existen máis de 3.000 dominios .gal activos, cantidade bastante modesta, que significa que aínda hai numerosos nomes de dominio atractivos libres, polo que continúa a ser moi atractivo optar polo rexistro de dominios .gal.
Esta campaña promociónase baixo o lema “Este mes temos dominio do bo tempo” e coincide coa celebración do segundo aniversario da activación da primeira páxina web creada baixo o dominio .gal. Dende a Asociación PuntoGal a súa directora xeral, Edita de Lorenzo, destaca que non será a única promoción que se desenvolverá para fomentar o rexistro e uso de dominios .gal, destacando que “estamos traballando por informar da importancia para as nosas empresas e demais entidades en facerse visible na Rede”, para o que o sufixo galego pode resultar de grande utilidade, contribuíndo ao mesmo tempo a salientar o lugar de sociedade galega na Internet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario