Mais na Galiza non se garante o dereito a poder desenvolver a vida en galego
e as persoas galegofalantes son desprezadas e obrigadas a esixir
respecto polos dereitos lingüísticos ou a facer uso do español para
axilizar trámites como exames sen opción a galego ou traballar en moitas
empresas.
A nosa lingua vive un tempo crítico. Está a ser perseguida e excluída nas aulas, nos centros de traballo, nas institucións…
A lexislación española xunto á aplicada polo PP desde a Xunta pretende
eliminar todos os nosos sinais de identidade e arrasar con todo trazo
que nos diferencie como nación.
que nos diferencie como nación.
Cantas veces teremos escoitado “el gallego no vale para nada”. Que falsidade!, pois a
nosa lingua, ademais de servir para comunicarnos entre as persoas que
vivimos na Galiza, ten inmensas posibilidades e vantaxes no contexto
internacional, nomeadamente no mundo lusófono (Portugal,
Brasil, Angola…), achegando o noso País a unha comunidade lingüística
formada por máis de 260.875.000 persoas en todo o mundo.
Dende Galiza Nova, organización xuvenil
do BNG, defendemos o dereito a poder desenvolver a vida en galego e
esiximos poder utilizar a nosa lingua en calquera ámbito sen ningunha
traba ou discriminación: no ensino, no lecer, no traballo, no deporte,
na rede…
Convidámoste a que participes
con nós deste obxectivo, porque o mellor xeito de contibuir a normalizar
o galego a nivel colectivo é tamén o compromiso de cada unha e cada un
de nós a nivel individual, utilizando o galego e esixindo os dereitos.
Non é momento de resignación, é momento de falar e defender a nosa lingua para sermos máis libres.
Ti podes facer moito polo galego.
Achegamos este decálogo de utilidade para animarte a pasar ao galego.
É a mellor maneira de exercer a rebeldía!
1. Se tes como lingua familiar o
español, interésate pola nosa lingua. Axuda a loitar contra as
inxustizas cometidas contra o galego.
2.Ás veces non é doado pasar a falar
galego con persoas e en ambientes nos que sempre falaches español. Podes
comezar a usar o galego con persoas que coñezas a partir de agora ou en
situacións novas, para logo ir introducíndoo na túa esfera habitual.
Pode que até logres que persoas castelán-falantes do teu entorno muden a
lingua coa que sen dirixen a ti!
3.Non te avergoñes dos defectos da pronuncia ou a escrita nin deixes de falar a lingua por
medo a ter erros. Falando e escribindo en galego é a forma de ir mellorándoo. É importante respectar e coñecer as variedades dialectais da nosa lingua. Esta é a riqueza do galego.
medo a ter erros. Falando e escribindo en galego é a forma de ir mellorándoo. É importante respectar e coñecer as variedades dialectais da nosa lingua. Esta é a riqueza do galego.
4.Anímate a coñecer música e cinema na nosa lingua.
5.Comeza a tomar apuntamentos en galego, whatsappear e escribir correos electrónicos, a facer os exames en galego…
6.Muda as túas redes sociais ao galego. Reclama que haxa posibilidade de escoller o galego nas aplicacións que utilizas.
7.Fala galego cada vez con máis xente. Verás que te entenden.
8.Aínda que che respondan en castelán, insiste en exercer o teu dereito a falar galego. Esixe que te respecten.
9.Implícate na normalización da nosa lingua en todos os eidos. Fai que o galego entre nas
aulas, nas tendas, no teu centro de traballo…
aulas, nas tendas, no teu centro de traballo…
10.Galeguiza o teu nome e apelidos. Moitos apelidos foron deturpados pola Igrexa e anos
de españolización. Otero, Villanueva, Villarino ou Rajoy son atentados lingüísticos que
herdamos. Fagamos xustiza, mudémolos.
de españolización. Otero, Villanueva, Villarino ou Rajoy son atentados lingüísticos que
herdamos. Fagamos xustiza, mudémolos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario