– Paul Bilbao, Secretario Xeral de Kontseilua
– Pilar García Negro, profesora da UdC e membro do Comité científico internacional
– María do Carme Silva (vicerreitora de servizos da USC) e
– Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
O protocolo é un documento que parte da Declaración Universal de Dereitos Lingüísiticos e avoga pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento das que están en situación de desvantaxe. Este documento será elaborado grazas ás contribucións dos axentes sociais e ás recomendacións dun Comité Científico. O texto do Protocolo definirá as condicións mínimas necesarias para garantir os dereitos lingüísticos do conxunto da cidadanía. As conclusións do proceso de elaboración serán presentadas en Donostia no mes de decembro de 2016, no marco da Capitalidade Europea da Cultura.
O acto está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario