venres, 20 de maio de 2016

O salario medio en Galiza é un 27% inferior ao europeo e é un 12% menos que o español

Un soldo medio no noso país é 550 euros menos ao mes que o da UE e 200 menos que a media no Estado.

O salario medio galego é un 27,4% máis baixo que o salario medio da Unión Europea. Así o recolle o estudo do IV Monitor Anual Adecco sobre Salarios, elaborado por Adecco en colaboración cos investigadores de 'Barceló y Asociados'. E non só iso, senón que a mensualidade que gaña un galego é, de media, case un 12% menos que a que gaña un español. Fenda salarial, pois, tanto a respeito do Estado español como de Europa.
Segundo este informe, o salario medio bruto galego é de 1.448 euros, case un 1% menos que hai un ano, o que indica que a devaluación salarial que se aplicou ao inicio da crise aínda se mantén. Son 550 euros menos ao mes que o salario medio dos 28 estados da Unión Europea e que se sitúa en perto dos 2.000 euros mensuais, en 1.995. O salario medio bruto no Estado sitúase, sempre en abse a este informe, nos 1.640 euros, o que supón por volta de 200 euros máis que o galego.
En todo
O salario bruto medio mensual en Galiza en 2013 foi o quinto máis baixo de todo o Estado, segundo a enquisa de salarios que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE) a partir dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). Galiza foi unha das cinco comunidades que rexistrou un descenso do salario bruto medio mensual.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario