A dependencias máis alta desta fonte de ingresos está nas áreas de Ourense Sur (a metade dos fogares), Lugo Sur, O Carballiño-O Ribeiro e Ferrol-Eume-Ortegal.
O 32,12% dos fogares de Galiza teñen nas
prestacións a súa única fontes de ingresos, unha porcentaxe que recolle o
Instituto galego de estatística e que supón que un de cada tres fogares
que hai no país subsisten grazas a subsidios e pensións. Unha cifra
demoledora e que permite albiscar dados en poboación activa e ocupada preocupantes, así como en avellentamento e emigración.
Galiza non ofrece unha imaxe homexénea neste punto, existindo considerábeis fendas entre as diferentes áreas do país. Así, fican moi pior riba da media nacional zonas como Ourense Sur (comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana), onde o 51,8% dos fogares só teñen ingresos por esta vía. Un de cada dous. A área de Lugo Sur, que abrangue Chantada, Quiroga e Terra de Lemos rexistra un 48,3%, seguida de O Carballiño-O Ribeiro, cun 47%.
Mais a estas áreas súmanselle as de Ferrol-Eume-Ortega, onde case o 40% dos fogares están nesa situación; ou a área da Costa da Morte ( Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas), onde esa porcentaxe está no 38,9%. No outro extremo están áras como a de Barbanza-Noia e de Santiago, que rexistran os índices máis baixos de vivendas onde as axudas e subsidios son as únicas fontes de entrada de diñeiro, o 22 e 23% respectivamente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario