CIG-Ensino sinala a Consellería de Educación e exixe responsabilidades do que cualifica como unha “chafallada”.
Parte dos contidos do exame da reválida de 3º
podía lerse esta cuarta feira, o mesmo día de realización da proba, nun
medio de comunicación impreso. Esta é a denuncia que fan desde CIG-Ensino,
que consideran este feito un exemplo da “chafallada” na que a
Consellaría de Educación “converteu a aplicación da LOMCE e nomeadamente
as reválidas”.
O sindicato nacionalista opina que “todo indica” que foi a propia Consellaría a responsábel da “filtración” polo que exixe unha “explicación pública”.”Tendo en conta que parte das probas se filtraron publicamente antes de que remataran e que máis do 80% do alumnado non as fixo a Consellaría debería tomar a decisión de que se tiren a papeleira, que non se corrixan e que se deixe de cargar aos centros, en contra da súa vontade, de traballo inútil”, afirma Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino.
Demisión
O sucedido desautoriza a actuación do Goberno galego e poñen en evidencia a “falta de competencia do novo conselleiro de Educación, motivo suficiente para que presente a súa dimisión”, instan desde o sindicato. “Á vista está que malgastan recursos públicos nunhas probas que a propia Consellaría converteu nunha autentica chambonada. É unha tomadura de pelo e desconsideración ao profesorado e aos centros”, explica Anxo Louzao.

Ningún comentario:
Publicar un comentario