Alumnos de 4º de Xornalismo dirixidos polo profesor Manuel Gago presentan 'USC360', un documental en catro pezas realizado con técnicas innovadoras.
Os seus promotores, un grupo de estudantes de 4º de Xornalismo dirixidos por Manuel Gago no marco da materia de Novos formatos e produtos para a rede, presentaron este xoves o documental na Sala 3 de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Tras explicar as características do proxecto e da tecnoloxía empregada, o documental foi presentado coa utilización de lentes de realidade virtual, o que permitiu aos asistentes descubrir distintos puntos da vida universitaria, tales como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca América ou o pavillón de atletismo do campus.
O documental fai uso de tecnoloxía xa empregada en medios diversos medios de comunicación nacionais e internacionais como forma de enriquecer e expandir a experiencia dos usuarios na súa aproximación a determinadas realidades. Neste senso, os autores explicaron que a realidade virtual está a facerse un oco en case todos os campos do entretemento e a comunicación, dende videoxogos e series de realidade aumentada ata reportaxes e noticias, de xeito que o público séntese inmerso no lugar dos feitos.
VÍDEOS EN 360º
Os seguintes vídeos, producidos na USC para ser vistos con lentes de realidade virtual, pódense ver en 360º movendo os cursores situados no extremo esquerdo superior.
https://youtu.be/si1DWJBDMZM
https://youtu.be/si1DWJBDMZM
https://youtu.be/my2unZX-nbE
https://youtu.be/2EsM7zjRd7Q?t=4
Ningún comentario:
Publicar un comentario