A Consellaría confírmalle o destino á actual directora do Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA) na Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra, nunha especialidade e vacante inexistente na dita escola.
A especialidade e a vacante adxudicada non
están creadas nin foron solicitadas polo centro nin pola inspección
educativa. A Escola Superior de Conservación e Restauración, única en
Galiza, nunca impartiu a especialidade de Conservación e Restauración do
Documento Gráfico. A Consellaría, no canto de crear este especialidade e
ofertala, o que fixo foi inventar unha vacante dunha especialidade que,
no entanto, se nega a crear no centro.
Todo indica, á luz dos feitos, que a Consellaría sacou esta
vacante de maneira irregular e co único obxecto de beneficiar a actual
directora do Mupega -un cargo de libre designación (a dedo)- que ten o
seu destino definitivo na Escola de Conservación e Restauración de Bens
Culturais de Avilés. É a primeira vez que se saca a concurso unha
vacante dunha especialidade que non se imparte.
Hai que resaltar que a existencia desta praza só se coñece despois de ter rematado o prazo de participación non concurso xeral de traslados. Entón, como é posíbel que alguén solicite unha praza dunha especialidade que non existe? Todo indica, segundo os datos cos que contamos, que se amañou esta vacante “ad homine” para esta persoa que, por certo, está emparentada coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. Isto explica que esta vacante fose só solicitada pola beneficiaria en todo o estado español.
Trátase, por tanto, dun feito gravísimo do cal o máximo responsábel é o sr. conselleiro de Educación e o propio Feixoo, que non teñen impedimento en saltar a legalidade e actuar con nepotismo e corruptela para favorecer e enchufar a familiares do seu goberno.
Tanto a Escola de Restauración como a CIG-Ensino procuraron, mediante diferentes actuacións,, que a Consellaría paralizase esta adxudicación, mais non foron tidas en consideración. En consecuencia, ante este enchufe clamoroso, a CIG-Ensino, amais de presentar recurso á resolución definitiva do concurso xeral de traslados pola que se lle adxudica destino definitivo, vai presentar unha queixa perante a Valedora do Pobo, ao mesmo tempo que exixe unha urxente rectificación da Consellaría de Educación e do propio Feixoo para paralizar esta falcatruada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario