As rúas da Coruña volveron na mañá do sábado ao 1916, con Amparo López Jean, María Miramontes, Antón Vilar Ponte e outros membros das Irmandades de Fala. Un roteiro teatralizado organizado polo BNG serviu para celebrar o centenario da creación das Irmandades e da eclosión do nacionalismo na Galiza.
A Coruña regresou na mañá do sábado aos
tempos das Irmandades da Fala. Non faltaron Amparo López Jean, María
Miramontes, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Ánxel Casal, Lois Peña Novo,
Antón Vilar Ponte e Otero Pedrayo. Tampouco faltou un autobús da época
–con bancadas e espazo para o traslado de animais- como os que no seu
momento realizaban os traxectos que comunicaban os diversos concellos da
comarca coa cidade para asistir ás feiras.
A actividade lúdica organizada polo Bloque, na que non faltou a música, finalizou coa interpretación do himno galego a saxofón, como mostra da vangarda do momento e de expresións artísticas novas para entón.
O BNG, herdeiro das Irmandades
No acto da mañá do sábado participou, entre outras, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen reivindicou o nacemento das Irmandades “como presente e futuro, pois temos o convencemento de que o nacionalismo é vital para que Galiza teña un futuro cheo de prosperidade”.
Con esta actividade, que suscitou o interese das persoas que transitaban o centro da Coruña, o BNG erixiuse como “lexítimo herdeiro das Irmandades da Fala”.
O Obelisco, o Teatro Rosalía, a rúa Santiago ou Santo Agostiño foron algunhas das escenas deste roteiro teatralizadoEste autobús, que xunto os protagonistas das Irmandades foi o centro de atención nas rúas da Coruña, partiu pasadas as 12h do Obelisco para percorrer os principais espazos vinculados ao xurdimento da organización nacionalista. Algúns destes lugares foron a rúa Santiago, na que fundou a imprenta Nós Ánxel Casal, e onde tiña a súa sede La Voz de Galicia, xornal que publicou o manifesto que deu lugar ao nacemento das Irmandades, ou o Teatro Rosalía, que acollía as representacións teatrais dos cadros de declamación. Tamén se saudaron as figuras de Álvaro Cebreiro e de Manuel Murguía nas proximidades da casa deste último.
A actividade lúdica organizada polo Bloque, na que non faltou a música, finalizou coa interpretación do himno galego a saxofón, como mostra da vangarda do momento e de expresións artísticas novas para entón.
O BNG, herdeiro das Irmandades
No acto da mañá do sábado participou, entre outras, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen reivindicou o nacemento das Irmandades “como presente e futuro, pois temos o convencemento de que o nacionalismo é vital para que Galiza teña un futuro cheo de prosperidade”.
Pontón: "A situación actual reforza a necesidade do nacionalismo"Ana Pontón asegurou que a situación actual reforza a necesidade do nacionalismo, “sobre todo despois de ver o que pasou durante estes catro meses, onde tivemos unha Galiza muda e anónima”. Apelou a que nas eleccións xerais Galiza poida ter unha “voz propia que defenda os seus intereses e para que os problemas do pobo galego teñan solucións”.
Con esta actividade, que suscitou o interese das persoas que transitaban o centro da Coruña, o BNG erixiuse como “lexítimo herdeiro das Irmandades da Fala”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario