A Xunta elimina as axudas parciais nos catro cursos nos que lanza o denominado "fondo solidario"Mentres nos cursos que conservan o sistema de subvencións pervive o problema de que estas achegas son insuficientes para cubrir o custo dos manuais, o novo "fondo solidario" crea un novo camiño burocrático que cae fundamentalmente sobre as costas duns centros educativos que, por outra banda, non poderán garantir libros para todo o alumnado que os precise. O novo sistema libera a Consellería de Educación da práctica totalidade dos trámites e, ao tempo, dilles aos colexios e institutos que "poderán solicitar a colaboración da ANPA para realizar as funcións de recollida dos libros de texto, inventario, clasificación e entrega dos lotes de libros", xestión que as asociacións de pais e nais rexeitan por, entre outros aspectos, ter que manexar datos persoais das familias e implicar substituír un labor da Administración.
Esta mestura de indignación e confusión chega a apenas dúas semanas do remate do curso escolar. Diante deste panorama, eis unha guía para tentar deitar un chisco de luz:
Ningún comentario:
Publicar un comentario