mércores, 10 de xuño de 2015

O Círculo de Empresarios propón que os mozos "sen formación" cobren salarios por debaixo do salario mínimo

Este luns o Círculo de Empresarios propuxo o Goberno que se poida pagar menos do Salario Mínimo Interprofesional (S.M.I.) aos mozos "sen formación". Non lles abonda ter afundido as condicións de vida de millóns de familias. Non lles abonda con ter saqueado millóns e millóns de euros da sanidade e a educación para entregarllo a fondo perdido aos banqueiros. Non lles é suficiente coa batería infinita de medidas que o seu goberno aprobou para atacar a educación pública, establecer o despedimento libre, privatizar os servizos sociales....quieren moito máis.
Dende que empezou a crise económica, os capitalistas loitaron con uñas e dentes para manter os seus astronómicos beneficios a custa de empobrecer á inmensa maioría da poboación. Para iso utilizaron o seu principal partido, o PP, para aplicar toda unha serie de medidas, como a LOMCE e o 3 +2 para expulsar da escola pública os fillos dos traballadores e así poder usar o diñeiro destinado a educación a beneficiar aos grandes empresarios. En efecto, medidas deste tipo como a Reforma Laboral tiveron resultado: empobreceron á maioría da poboación pero permitiu aos ricos seguir sendo ricos a pesar da crise ou mesmo aumentar a súa riqueza, como demostraron multitude de estudos
Na actualidade o Salario Mínimo Interprofesional está en 648 euros ao mes por 8 horas de traballo ao día. Os empresarios propoñen que o Goberno (o seu Goberno) llelo baixe aínda máis aos mozos que, debido aos seus recortes educativos, non teñan a formación que eles consideren. É dicir, que traballemos xornadas enteiras para eles a cambio dun soldo que non nos permite vivir. E teñen a caradura de dicir que a cambio, eles nos formarán. Calquera estudante de FP sabe como é a súa "formación": as prácticas en empresas consisten en ser man de obra gratuíta e sen dereitos onde o que rexe non é o interese formativo senón que rexe por riba de todo porque o empresario correspondente saque o maior beneficio económico posible. Non por casualidade os empresarios tamén pediron ao goberno aumentar a FP dual, con moito máis tempo de prácticas sen remunerar.
Non é a primeira vez que os empresarios se posicionan publicamente a favor de medidas deste tipo, que significan a escravitude para os traballadores. O ano pasado a presidenta do Círculo de Empresarios, Mónica de Oriol pedía baixar o S.M.I aos mozos e tivo a sinvergüencería de insultarnos dicindo que os mozos parados sen formación "non" valen para nada" e non merecen cobrar o mísero salario mínimo. Pero tamén oímos nos últimos anos propostas por parte da CEOE nesta mesma liña como a de recuperar a figura do "aprendiz" para impoñer peores condicións aos traballadores máis novos ou a proposta do Banco de España de pagar menos do salario mínimo aos parados de longa duración. Así de repugnantes son estas damas e cabaleiros que viven na abundancia. Os seus plans só pasan por empeorar as nosas condicións de vida. O paro, segundo eles, só se pode remediar se os traballadores renunciamos aos nosos dereitos. A ninguén sorprende que sexan estes mesmos que impoñen reformas educativas para que só poidan estudar os ricos. E cando os mozos de familias traballadoras quedamos sen traballo e sen posibilidade de estudar por non poder pagar estudos cada vez máis caros, insúltannos e din que debemos traballar como auténticos escravos.
En definitiva, o que buscan é despedir os nosos pais e substituílos por mozos con salarios aínda máis miserables para aumentar as súas ganancias. A ninguén se lle escapa que cando se precarizan as condicións laborais dos mozos, se acaban precarizando as de todos os traballadores. Ningún empresario contratará un traballador cun salario digno se pode telo gratis. Este é o traballo no que o PP se está a empregar a fondo: legalizar a precariedade e estendela ao conxunto dos traballadores. Esa é a súa única alternativa para saír da crise. Será unha alternativa para eles, pero dende logo non o é para a maioría de nós, os que non temos grandes empresas nin fortunas que herdar!
Non imos permitilo. Temos que desaloxar este goberno, que é o goberno dos capitalistas. Temos que continuar e afondar o camiño da mobilización que xa os desaloxou de moitos concellos nas últimas eleccións. Pero o máis importante é organizarnos para facerlles fronte e conquistar unha vida digna. Afilíate ao Sindicato de Estudantes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario