martes, 16 de xuño de 2015

A CIG-Ensino denuncia que a oferta de FP para o curso vindeiro segue sen cubrir a demanda que existe en moitos ciclos

Educación vulnera máis unha vez as canles de negociación ao non negociar na Mesa sectorial a oferta de FP para o próximo curso 

A CIG-Ensino considera urxente negociar unha nova Rede de FP que inclúa a FP básica, que recolla unha planificación a máis longo prazo e que incorpore a implantación de novos ciclos, xa que a oferta segue sen cubrir a demanda para moitos ciclos. A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación volveu levar a oferta de FP á Permanente do Consello Galego de FP sen negocialo previamente na Mesa Sectorial.

A CIG-Ensino defende que se potencie a oferta nas cidades, ofertando cando menos un ciclo de cada familia profesional e conformando os grupos necesarios por ciclo alí onde haxa demanda. Ademais seguimos esixindo que a implantación de desdobres non se faga só por criterios de perigosidade, senón tamén nos ciclos nos que sexa preciso para unha mellor atención ao alumnado e a redución das ratios a 20 alumnos/as por aula.

A CIG Ensino denuncia que a Administración continúa concertando ciclos formativos da mesma familia que se imparten na pública en concellos que non superan  superan o 7000 habitantes polo que exixe a súa eliminación.

Seguimos defendemos que  non se supriman ciclos até coñecer as notas de selectividade e en ningún caso aqueles que acaden unha matrícula mínima de 8 alumnos nas cidades e 5  no resto de Galiza.  A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que restitúa as bolsa de transporte para o alumnado de FP e que oferte bolsas de residencia e transporte  para garantir que todo o alumnado poida cursar gratuitamente

CONSELLO GALEGO DE FP

No Consello Galego de FP a CIG-Ensino defendeu, unha vez máis, que a Mesa Sectorial ten que negociar a oferta de FP para o curso que vén, que se debe realizar un estudo serio sobre as necesidades reais de formación nos distintos concellos para establecer unha oferta equilibrada que tería en conta a demanda existente.

A Consellaría aceptou algunhas da propostas formuladas pola CIG-Ensino que se corresponde con peticións dos centros que non aparecían na oferta e que son as seguintes: o ciclo superior de Mecatrónica Industrial no IES Calvo Sotelo e o segundo curso de Interpretación e Lingua de Signos no CIFP Anxel Casal.

A CIG-Ensino tamén defendeu o mantemento do ciclo medio de Xestión Administrativa no Cidade de Antioquía Ourense, a oferta completa do ciclo de farmacia e parafarmacia  no IES Chapela, o ciclo superior de Mantemento Electrónico Estilismo e o de Dirección de Peiteado no IES Perdouro, en Lugo, pero a Consellaría non aceptou estas propostas.

En canto á FP Básica, a CIG-Ensino demandou unha maior oferta e denunciou os innumerables problemas que teñen os centros en canto á financiación, rateos, etc.  A Consellaría di que vai manter a mesma oferta e ampliar os fondos.  Para a consellería a experiencia é positiva, queda claro que non escoitan ao profesorado nin as súas necesidades.

A CIG-Ensino tamén defendeu, sen éxito, que as familias profesionais de sanidade, educación e servizos sociais queden fóra da oferta de FP Dual pola peculiaridade das ensinanzas.

COMPARATIVA OFERTA DE FP

Ningún comentario:

Publicar un comentario