Profesionais da ensinanza destacan a necesidade de que as familias colaboren reforzando hábitos dos nenos como deitarse cedo (para evitar sono e canseira), ensinar a comer sen axuda ou realizar as rutinas hixiénicas de lavarse as mans.
Visitar o centro e o seu entorno, falarlles ás crianzas das cousas positivas que van vivir, organizarse
para ter todo listo antes do inicio e non chegar o primeiro día tarde.
Son algúns dos consellos que os mestres dan aos pais de cara ao inicio
do curso escolar.
Pero, unha das cousas máis importantes á hora da entrada na escola é a transmisión de confianza e seguridade da familia para unha estancia feliz “que se completa cun puntual e agarimoso reencontro á saída”.
Foron algúns dos concellos da palestra que baixo o título de “Comezo na escola”
tivo lugar este sábado na escola Infantil Avoaescola Ferrolterra a
cargo da directora da escola Anabel Pérez Romero, Psicopedagoga-mestra
infantil 1º ciclo, e por Vanesa Espiño Fuentes, mestra infantil 2º
ciclo.
Estas profesionais informaron que nalgúns centros ponse en práctica un período de adaptación durante dúas semanas onde as nenas en compañía das nais e pais coñecen e intégranse gradualmente na rutina escolar.
Tamén destacaron a necesidade de que as familias colaboren reforzando hábitos
como: deitarse cedo (para evitar sono e canseira), ensinar a comer sen
axuda, realizar as rutinas hixiénicas de lavarse as mans, control de
esfínteres. Así mesmo aconsellaron que os nenos leven roupa cómoda e
sinxela para facerlles máis fácil a súa autonomía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario