Facemos un chamamento á Consellaría de Educación para que cese na súa obcecación en continuar coa aplicación da LOMCE
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría
responsabilidade, coherencia, respecto e unha actuación que priorice a
calidade do ensino. É dicir, a CIG-Ensino esixe da Consellaría que deixe
de comportarse como un instrumento ao servizo da ideoloxía do PP e
asuma as súas responsabilidades velando polo que é mellor para as
galegas e os galegos, que neste caso pasa, necesariamente, pola
paralización da LOMCE.
Hoxe remata o curso escolar para o alumnado e remata sen que
poida recibir información definitiva sobre o novo curso 2015-2016, pois
os centros non contan con esa información absolutamente necesaria.
Para a CIG-ENSINO é inadmisíbel a actitude desta Consellaría de Educación, tan absolutamente ofuscada en aplicar a súa liña ideolóxica que xa lle está a provocar graves problemas de funcionamento aos centros de Secundaria. Como se pode permitir que a cinco días de inicio da matrícula en Secundaria non se coñeza nin o currículo da etapa, nin as materias que se van impartir, nin a carga horaria desas materias?. Este desatino, que afecta aos cursos impares da ESO e a 1º de Bacharelato, é a proba máis evidente de que a LOMCE só ten un camiño: a paralización. O contrario é unha actitude temeraria e de desprezo ao profesorado, ao alumnado e ás súas familias.
A CIG-Ensino xa esixiu a paralización da aplicación da LOMCE durante o trámite da negociación do currículo de Secundaria, mesmo presentando unha emenda á totalidade que acabou sendo aprobada no Consello Escolar de Galiza. A CIG-Ensino esixiu entón a paralización da aplicación da LOMCE manifestando que causaría graves prexuízos aos centros e ao alumnado, porque en ningún caso estaría publicada con tempo suficiente, como agora se comproba. Mais a Consellaría mantívose xorda ás evidencias, sen querer ver a realidade:
Esta situación é a proba máis evidente de que a LOMCE debe ser paralizada, como xa está a suceder noutros territorios. Por este motivo a CIG-Ensino esíxelle á Consellaría responsabilidade, coherencia, respecto e unha actuación que priorice a calidade do ensino. É dicir, a CIG-Ensino esixe da Consellaría que deixe de comportarse como un instrumento ao servizo da ideoloxía do PP e asuma as súas responsabilidades velando polo que é mellor para as galegas e os galegos, que neste caso pasa, necesariamente, pola paralización da LOMCE.

- Os centros manifestan que non poden asesorar o alumnado e as familias, pois carecen de toda información sobre as materias que se van impartir, os seus horarios e currículo. Tampouco teñen información sobre como se promociona a 2º de FP básica e a carga horaria dese curso, que é a continuación do 1º implantando en setembro de 2014.
- Manifestan que non contan coa información necesaria para acorrecta organización dos centros: así no relativo ao fondo de libros e ás axudas solidarias, asignación de materias ás distintas especialidades, como definir o material escolar para 1º e 3º de ESO e 1º de BAC ao non estar publicado o currículo, como elaborar os proxectos lingüísticos de centro, como realizar as validacións no acceso a Bacharelato, etc.
Esta situación é a proba máis evidente de que a LOMCE debe ser paralizada, como xa está a suceder noutros territorios. Por este motivo a CIG-Ensino esíxelle á Consellaría responsabilidade, coherencia, respecto e unha actuación que priorice a calidade do ensino. É dicir, a CIG-Ensino esixe da Consellaría que deixe de comportarse como un instrumento ao servizo da ideoloxía do PP e asuma as súas responsabilidades velando polo que é mellor para as galegas e os galegos, que neste caso pasa, necesariamente, pola paralización da LOMCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario