O Diario Oficial de Galicia tamén publica a data de finalización, o 22 de xuño.
O curso escolar 2015-2016 comezará o próximo 10 de setembro para os alumnos de Infantil, Primaria e Educación especial e finalizará o 22 de xuño, segundo publica este mércores o Diario Oficial de Galicia.A Consellería de Cultura e Educación publica o mércores o calendario escolar do próximo curso que para os alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional comezará uns días máis tarde que para os máis pequenos, o día 15 de setembro e tamén terminará algo máis tarde, o 30 de xuño, informa a Xunta nun comunicado.
O calendario lectivo establece que o 10 de febreiro de 2016, Mércores de Cinza, será non lectivo.
Nos ensinos de réxime especial as actividades lectivas irán do 15 de setembro ao 30 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
En canto aos períodos vacacionais, Nadal irá do 21 de decembro de 2015 ao de xaneiro, ambos inclusive; Entroido será os días 8, 9 e 10 de febreiro e Semana Santa celebrarase desde o 21 ata o 28 de marzo, ambos inclusive.
Ningún comentario:
Publicar un comentario