A Plataforma reclama da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que "exerza as súas competencias"Este xoves ofreceron unha rolda de prensa no Parlamento na que representantes do alumnado, das asociacións de nais e pais e dos sindicatos leron un manifesto en nome da Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade. A súa principal demanda é que se poña en marcha o establecido do artigo 58.7, da LOMCE, que determina que as administracións educativas poderán adscribir centros de ensinanzas artísticas superiores mediante convenio ás universidades.
Subliñan que en Galicia xa se deu o caso de que un centro privado autorizado pasase a impartir títulos superiores de música que non se tiñan implantado nos conservatorios superiores públicos. E salientan que "igualmente grave" é a situación dos estudos en Conservación e Restauración en Bens Culturais, que tamén ofrecen as universidades, públicas e privadas, "o que implica unha discriminación moi negativa para as tituladas e titulados superiores en tanto a suposta equivalencia acaba por non aplicarse en numerosos casos", sexa no acceso a bolsas para posgraduados, na continuidade de estudos, ou na incorporación ao mercado laboral, "pois sempre se prima a titulación universitaria".
Subliñan que en Galicia xa se deu o caso de que un centro privado autorizado pasase a impartir títulos superiores de música que non se tiñan implantado nos conservatorios superiores públicosA Plataforma reclama da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que "exerza as súas competencias" e publique de forma inmediata unha norma que estableza os criterios para a adscrición dos centros superiores de ensinanzas artísticas á universidade no curso 2015-2016, favorecendo que "nun período razoable de tempo" eses centros se poidan integrar plenamente no sistema universitario. A Plataforma afirma que a adscrición e a propia integración "a ninguén prexudica, beneficia de maneira sensible a todos os integrantes da comunidade educativa e pode ter efectos moi positivos na mellora permanente do sistema cultural galego, pois falamos dos centros onde se forman profesionais na creación e conservación do noso patrimonio cultural".
As entidades que conforman a Plataforma fan tamén "un chamamento público" aos reitores das tres universidades galegas para que apoien publicamente esta demanda "que non persegue outra cousa que mellorar a formación e a investigación en educación artística, facer máis e mellor universidade, e máis e mellor país".
Denuncian que se converteu "en problema político un problema ben sinxelo de ordenación académica", unha cuestión na que cren ver a presión de universidades e centros privados de ensino superiorCritican especialmente a actitude mantida polo Partido Popular que -lembran- no seu programa electoral para as eleccións xerais de 2008 anunciaba que posibilitarían “a incorporación das ensinanzas artísticas superiores á universidade, de acordo co marco do Espazo Europeo da Ensinanza Superior”. Denuncian que se converteu "en problema político un problema ben sinxelo de ordenación académica", unha cuestión na que cren ver a presión de universidades e centros privados de ensino superior: "numerosas universidades privadas e centros adscritos a universidades privadas están na actualidade aumentando de forma exponencial a oferta de títulos de grao en ensinanzas artísticas, e acaparando a oferta de títulos de posgrao, incluíndo títulos específicos de doutorado en ensinanzas artísticas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario