- Acusa á Consellería de Cultura, Educación e O.U de continuar lexislando a golpe de improvisación
- As axudas non garanten o acceso universal aos libros de texto e cargan con máis traballo burocrático ás direccións dos centros coa xestión do fondo solidario de libros.
- Obriga a mercar libros de texto, e polo tanto, impide mercar material complementario e didáctico a alumnado cunha discapacidade menor ao 65%.
O STEG considera que a Consellería de Cultura, Educación e O.U., lexisla sen criterio e a improvisación e a falta de planificación volven ser protagonistas:
- Pódese mercar material didáctico e complementario coas axudas destinadas aos libros de texto, pero só para alumnado cunha discapacidade igual ou maior ao 65%. De forma xeral, o alumnado matriculado en centros ordinarios non poderán optar a mercar material de apoio, complementario e/ou didáctico con esa axuda, e só poderán mercar libros de texto que, evidentemente, non estarán adaptados ás súas necesidades.
- Recolle a creación dun fondo solidario de libros de texto que estará integrado polos libros adquiridos coas axudas do curso pasado, e con achegas voluntarias de libros vixentes. Non determina qué facer no caso de que o fondo solidario non sexa suficiente para a demanda de libros por parte do alumnado.
- Redunda na eliminación dun verdadeiro programa de acceso a libros de texto de forma universal.
- Sobrecarga, unha vez máis, de traballo burocrático aos equipos directivos docentes de todos os centros de Primaria (que, ademais e de forma moi maioritaria, non contan con auxiliares administrativos) e tamén aos de Secundaria (nos que a redución no número de auxiliares administrativos é cada vez maior).
Secretariado Nacional de STEG
Ningún comentario:
Publicar un comentario