A crise de goberno anunciada por Rajoy resultou finalmente na caída do ministro peor valorado do Executivo, José Ignacio Wert. Será substituído polo secretario de Estado de Asuntos Europeus, Íñigo Méndez de Vigo.
Wert pasará á historia como o ministro de Educación máis contestado desde a restauración borbónica de 1978. Súa é a Lei Wert, un texto legal raibosamente centralista e inspirado por unha intención inequivocamente privatizadora do ensino público. A súa implementación gañou ao Executivo Rajoy a inimiga de toda a comunidade escolar. A caída de Wert ha ser festexada sen dúbida por todas persoas e colectivos comprometidos coa promoción e defensa da escola pública.Non é a primeira vez que Rajoy deixa caer un ministro que simboliza a liña máis dereitosa e ideolóxica do partido. Xa sucedeu con Alberto Ruiz Gallardón, ministro de Xustiza, que deixou o Goberno sen ter sido capaz de aplicar a reaccionaria Lei do Aborto. A Lei Wert está en marcha, mais todo apunta a que a súa posta en práctica vai ser torpedeada polas comunidades autónomas non controladas polo PP, após as mudanzas introducidas no mapa político estatal o 24M.
A Lei Wert está en marcha, mais todo apunta a que a súa posta en práctica vai ser torpedeada polas comunidades autónomas non controladas polo PPA crise de goberno vaise limitar finalmente a unha mudanza en Educación, o cal mostra, mais unha vez, o talante conservador e refractario aos cambios de Rajoy. A substitución de Wert a escasos 5 meses das eleccións xerais non está animada por nengunha razón operativa, senón por un cálculo puramente político: Rajoy entrega a cabeza de Wert porque pensa que iso neste momento lle dá votos.
Fontes próximas á Moncloa barallaron durante as últimas semanas a hipótese de que o próximo destino de Wert será a embaixada española perante a Organización para a Cooperación e o Desenvolvimento Económico (OCDE). Porén, esta quinta feira ningún portavoz gobernamental confirmou que iso fose ser finalmente así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario