mércores, 17 de xuño de 2015

Facebook Lite listo para a descarga no noso país

Esta versión de Facebook, coñecida como Facebook Lite xa a podemos descargar e ten como característica principal a seu peso reducido: só ocupa 1 mega.

Esta versión está pensada principalmente para países emerxentes caracterizados por conexións lentas e terminais pouco potentes (ou antigos, con poucos recursos). Malía que este era o espíritu orixinal desta versión vén de abrirse a máis mercados e con ela poderemos acceder á maioría das funcións da rede social. Ademáis con esta app, poderemos mandar mensaxes de chat sen ter que ter instalado Facebook Messenger.
Screenshot_2015-06-16-22-09-18
Screenshot_2015-06-16-22-09-32Como vos diciamos, podemos descargar Facebook Lite dende está ligazón á Play Store.

Ningún comentario:

Publicar un comentario