Tal como se acordou na asamblea xeral do día 6
de xuño de 2015, a FANPA vai proceder a presentar recurso de reposición
contra a orde de fondo de libros solidarios, que se fundamenta en dúas
razóns principais:
1. A quebra da igualdade e da gratuidade da educación, que se estende ao material escolar, tal como se sinala nos fundamentos xurídicos do recurso 2. A situación de indefensión para os cidadáns que supón o vulneramento dos prazos legais establecidos na lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas.
Dende aquí invitamos a todos os membros da comunidade educativa que consideren que esta orde de fondo de libros solidarios é inxusta e discriminatoria a que presenten recurso de reposición, pois é un dereito que pode exercer calquer particular. Para elo tendes un modelo editable en formato doc, que pode ser presentado en calquer rexistro da administración autonómica ou de calqueira concello que dispoña de portelo único.
Do mesmo xeito, informamos que estamos valorando a presentación dun recurso contencioso fundamentado nos preceptos xurídicos que se sinalan neste recurso de reposición.

Ningún comentario:
Publicar un comentario