xoves, 18 de xuño de 2015

Movemento Dezao e ANPAS pedirán un Consello Escolar Municipal

Solicitarán unha reunión co grupo de goberno lalinense para falar tambièn dos bancos de libros.

O ANPA do instituto Laxeiro de Lalín ten convocada para hoxe, ás 20.30 horas, unha reunión cos pais de alumnos no salón de actos do centro e o luns, será a asociación de pais do colexio Manuel Rivero a que manteña outra reunión cos seus socios.
En ambos os casos o tema a tratar é o mesmo: os bancos de libros e que se vai facer este curso. Ambos os colectivos pretenden manter os bancos existentes, pero estes chocan cos bancos solidarios dos centros. No Laxeiro, o ANPA cobraba tres euros por libro para poder dispor dun remanente e só se facilitaban a socios da agrupación. Os cambios de Educación respecto dos libros están a xerar preocupación entre os pais e o profesorado.
Publicidad
En Lalín, o Movemento Dezao e as asociacións de pais solicitarán unha reunión aos integrantes do novo goberno lalinense para expor algunhas cuestións. Unha delas será a creación dun Consello Escolar Municipal e a outra a posibilidade de crear un banco de libros municipal do que se poida beneficiar o alumnado. Recoñecen que a creación dun banco universal municipal non é fácil. Unha das cuestións é que en Lalín cursan estudos alumnos tamén doutros concellos como é o caso de Dozón, Rodeiro e Agolada.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario