As variacións rexistradas nos padróns municipais publicadas polo INE describen unha foto fixa na demografía galega. 2.279 residentes menos, 15.926 menores de 35 na emigración.
A crise demográfica na Galiza non cesa. Segundo os dados publicados polo INE esta segunda feira (15 de xuño) o país continúa a perder poboación. No concreto, residentes. Segundo as cifras oficiais en 2014 os padróns municipais rexistraron unha variación de 2.279 residentes menos en relación ao ano anterior.O dado tradúcese na diferenza entre as 88.396 altas e as 90.675 baixas e resulta a segunda peor cifra desde 1998 após alcanzar as 2.833 persoas o pasado ano.
No cerne da cuestión sitúase de novo a migración xuvenil pois, das 19.862 persoas que marcharon para se incribiren noutros territorios do Estado español, o 55% eran menores de 35 anos. Isto é, 19.862 persoas. Este movemento interior aumentou, aliás, a respeito de 2013 pois rexistráronse 892 persoas máis.
Pola contra, o número de persoas que migraron cara ao extranxeiro --principalmente Europa-- reduciuse en 1.447 pasando de 11.739 en 2013 a 10.292 o pasado ano. Así as cousas, a tendenza mantense sendo que o 48,4% das persoas que se inscribiron noutros países tiñan menos de 35 anos (4.989 de 10.292, segundo o INE).
Ningún comentario:
Publicar un comentario