INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 17 de xuño de 2015
O IES Laxeiro inicia a súa campaña de fomento da lectura no verán
A biblioteca do IES Laxeiro, en Lalín,
acolle esta mañá o inicio dunha campaña de fomento da lectura no verán.
Os alumnos poderán escoller entre unha ducia de libros seleccionados e,
con aqueles que elixan, levarán unha bolsa decorada polos alumnos de
primeiro de Secundaria con motivos do artista Keith Haring e
supervisados pola súa profesora Aranzazu Diñeiro. Dentro da bolsa irá
unha galleta decorada coa lema Lemos non verán e a guía de lectura Non verán lemos en galego, que
deseñaron os equipos de Normalización Lingüística deste instituto e do
Chano Piñeiro, de Forcarei. A campaña continuará durante a próxima
semana. Ademais, na antiga aula de segundo de Bacharelato o programa de
diversificación recrea, a partir das 13.00 horas, un supermercado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario