venres, 12 de xuño de 2015

Resumo do tratado na Asemblea sobre o fondo solidario de libros da FANPA

Na asemblea do sábado, con respecto á publicación da orde sobre o fondo de libros, expúxose a casuística pola que un neno/a podería quedar sen libros do fondo de libros, aínda que cumprise os requisitos de renda do cheque (poñer ligazón do web)
Falouse tamén de que é unha fonte de conflitos nos centros entre as direccións e as ANPA en caso de que esta se negue a colaborar. Fíxose mención por exemplo a que axudar á dirección daría acceso a datos (fundamentalmente económicos) que as ANPA non temos (nin queremos) coñecer, ou cando menos, ter acceso a unha listaxe de persoas coas rendas máis baixas e que podería crear incomodidades. Ademais non temos porque ser a policía da Consellería reclamando libros aos pais que tiveron o cheque o ano anterior.
Polo tanto considerouse que o mellor era non colaborar no banco de libros do centro, aínda que, evidentemente, con autonomía a cada ANPA para que tomase a súa decisión libremente.
Tendo en conta que os prazos que se dan na Orde do banco de libros para reclamacións e emenda non cumpren coa Lei de procedemento administrativo, valorouse a posibilidade de presentar un recurso no contencioso administrativo solicitando a paralización da Orde, pero as posibilidades de que se paralice a orde é ínfima (de todos os xeitos o prazo é de dous meses, así que se valorará que sexa CONFAPA quen a presente).
Tamén, ao respecto, decidiuse que cada ANPA que o desexe presente un recurso potestativo de reposición ante a Consellería, e para iso elaborarase un modelo, que deberá presentar cada ANPA no rexistro. Mandarase este modelo en 2-3 días.
PDF - 59.4 KB
Acordo asemblea libros
PDF - 115.3 KB
Suposto no que o teu fillo pode quedar fóra do fondo solidario


Ningún comentario:

Publicar un comentario