venres, 26 de xuño de 2015

Universitarios temen ter que copiar os exames do encerado

A UDC para os novos gastos de material mentres trata de lograr 3,8 millóns da Xunta mediante preitos e reunións, como a desta semana na que o Goberno non asumiu ningún compromiso real.

A Universidade da Coruña está a pasar por un mal momento económico. O reitorado culpa a unha" diferencia de criterio na interpretación do plano de financiamento de 3,8 millóns de euros". A Administración educativa levou á Consellería de Educación á Xustiza para reclamar este diñeiro. O reitorado xa comunicou que  ten que reaxustar o seu orzamento deste ano polo que mentras elabora as novas contas paralizará a compra de material novo con fondos propios.
O recurte chega en plena campaña de exame, polo que os estudantes temen as consecuencias. Os Comités temen que "os exames do alumnado na convocatoria de xullo se escriban nos encerados e o alumnado teña que copiar letra a letra o seu exame".
A organización estudantil nacionalista tamén se posiciona en contra da fusión de facultades, concretamente das dúas politécnicas. Na súa opinión a fusión pode ter enormes repercusións para o estudantado. Os Comités din que debido a que "os plans de estudo de todas as titulacións teñen que ser aprobadas en Xuntas de Escola ou Facultade, a unión de dous corpos docentes ata agora independentes, si que pode afectar a como se imparten as titulacións".
Segundo as contas desta organización en litixio están 3,8 millóns:1 millón de euros, que reclamaba para o pagamento da extra debida ao seu persoal, que foi desestimado polo TSXG, sentencia que aínda non é firme, e outra por unha discrepancia na repartición de 2,8 millóns dos fondos estruturais, que está sen resolver.
A gravidade da situación provocou que os conselleiros de Facenda e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantiveran un encontro de traballo co reitor da Universidade da Coruña esta semana.
 
O Goberno non desmentiu publicamente por escrito as cifras da débeda denunciada UDC. En palabras da Consellería "o único compromiso que saíu do encontro foi tratar de achegar posturas e atopar solucións que eviten calquera tipo de prexuízo á comunidade universitaria".
 
O etéreo do compremitido polo de agora polos mandatarios Valeriano Martínez, Román Rodríguez, un simple "compromiso en traballar na procura de saídas aos problemas prantexados",  apunta a que a distancia entre as posturas segue a ser importante.
 
Ante a falta de recursos da universidade, os Comités defenden que a prioridade da Xunta debería ser garantir o ensino, cousa que "está a perigar na UDC en plena época de exames de xullo". "As universidades galegas son as menos financiadas de todo o Estado español", lembran.
Ao ser cuestionado por GC sobre as queixas dos estudantes, o reitorado lanza unha mensaxe máis tranquila. Os recortes di que non afectan ao gasto xa comprometido, nin á investigación con fondos alleos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario