A CIG Ensino apoia e participará nas concentracións convocadas para o 15 de xuño.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público, ante a actuación da Consellaría de Educación cos libros de
texto, quere manifestar o seguinte:
- Exiximos a derrogación da Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto e a do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, porque contribúen a empeorar a actual situación e impiden a gratuidade universal dos libros de texto e do material escolar.
- A Consellaría, unha vez máis, desatende a demanda da comunidade escolar e aplica de maneira unilateral unha norma que supón un despropósito total e unha sobrecarga de traballo administrativo e burocrático para os centros.
- Todo indica que a LOMCE ten os días contados e, por iso, o máis razoábel é non cambiar os libros de texto para evitar someter as familias a un gasto innecesario e inxustificado. Cómpre que Consellaría cese no seu empeño ideolóxico de aplicar a LOMCE porque está significando un prexuízo para o ensino.
- A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público exixe da Consellaría a dotación de persoal administrativo en todos os centros e, mentres tanto, que sexa a propia Consellaría a que se responsabilice de xestionar todo o relacionado cos libros de texto. Tamén exiximos a gratuidade universal dos libros de texto e de todo o material escolar para todo o alumnado de infantil e do ensino obrigatorio, mediante o modelo de préstamo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario