Adiantándonos ao proceso de amortizacións, peches e aperturas de
Galescolas, a CIG Ensino solicitou unha entrevista coa Xerente Adxunta
de Escolas e co Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e
Benestar.
Desde a CIG manifestamos ao Xerente que non aceptariamos amortizacións
de prazas nin o peche de ningunha escola salvo casos excepcionais
debidos á non existencia dunha matrícula mínima. Isto foi aceptado polo
Xerente.
Adiantándonos ao proceso de amortizacións, peches e aperturas de
Galescolas, a CIG Ensino solicitou unha entrevista coa Xerente Adxunta de
Escolas e co Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Desde a CIG manifestamos ao Xerente que non aceptariamos
amortizacións de prazas nin o peche de ningunha escola salvo casos
excepcionais debidos á non existencia dunha matrícula mínima. Isto foi aceptado
polo Xerente.
As conclusións e compromisos do Xerente son os seguintes:
Seremos informados das posíbeis amortizacións tan pronto se coñezan.
Non pecharán ningunha escola cunha matricula de ao menos cinco crianzas.
Estudarán a posibilidade dun “concursiño” para recolocar ao persoal das
escolas.
As escolas que abrirán neste vindeiro curso son as seguintes: Boiro,
Cambre, Malpica, Meira, Melide, Muros, Narón, Oroso, Porto do Son e
Salvaterra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario