Unha lista elaborada pola Fundación CYD sitúaa só por detrás da Pompeu Fabra e empatada coa Autónoma de Barcelona, a de Girona e a Jaume I de Castellón.
Unha lista elaborada pola Fundación Coñecemento e Desenvolvemento (CYD) sitúa á Universidade de Vigo no segundo posto no ámbito da investigación a nivel nacional, só por detrás da Pompeu Fabra e empatada coa Autónoma de Barcelona, a de Girona e a Jaume I de Castellón.A institución académica viguesa obtivo a máxima puntuación en seis dos nove indicadores analizados: fondos externos de investigación, número de publicacións reflectidas en bases de datos bibliométricas, impacto normalizado, publicacións altamente citadas, interdisciplinares e tramos de investigación vivos.
No ámbito da transferencia de coñecemento, Vigo alcanzou a mellor cualificación nas áreas de fondos privados, patentes concedidas e "spin-offs" creadas nos últimos tres anos, destaca a institución académica no seu diario dixital.
No campo do ensino e a aprendizaxe, Vigo destaca en taxa de graduación de máster e graduación normativa de máster, que mide o cociente entre os graduados dentro do período normativo respecto ao número total de graduados nos mesmos programas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario