O colectivo Fala Ceibe deu a voz de alerta cunha nota na que
destacaba que a orde do 4 de maio da Junta de Castilla y León podía
significar "un paso definitivo para a eliminación da lingua galega no
sistema educativo do Bierzo". Explicaba os prexuízos obxectivos que o
alumnado que optara por esta materia, que pasa a ser de libre
configuración, podería ter: ampliación en 3 ou 4 horas no tempo de aulas
fóra do horario lectivo establecido e sen servizo de transporte
escolar.
"Suporá que moitos e moitas estudantes deixan de
escoller esta materia, debido ás dificultades e impedimentos que se lles
impón. Ademais, o alumando que escolla esta opción irá a aulas mentres
os seus compañeiros asisten a actividades complementarias ou non
asisten", sinalan, mentres valoran que a orde da Junta sitúa o galego á
altura de actividades extraescolares como guitarra, cociña ou karate.
Madúranse nestes días iniciativas por parte das ANPAS, como requirir un
posicionamento do Parlamento Galego ou mesmo a convocatoria dunha
manifestación para mostrar o rexeitamento a unhas ordes que, na
práctica, poden supor a eliminación do galego do ensino no Bierzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario