O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) vén de convocar unha nova
edición dos seus galardóns anuais, dirixidos a salientar e
distinguir as empresas, profesionais e entidades máis innovadoras e
que máis e mellores esforzos teñan dirixido á promoción na nosa
terra das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Os
Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2015
son os seguintes: Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa
Empresarial no sector TIC 2015, Premio Gradiant á Mellor Tese
Doutoral aplicada ao Sector TIC 2015, Premio Mellor Proxecto TIC con
Beneficios Sociais 2015 e Premio Ineo ao Produto ou Servizo TIC
orientado á Internet das Cousas 2015. Os galardóns entregaranse no
transcurso da XX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade
da Información.
O prazo de presentación de memorias para todos os
recoñecementos remata o vindeiro 13 de xullo ás 9.00 horas.
A continuación achegamos máis información
detallada sobre cada un dos premios que se achegan este ano:
Premio Gerardo García Campos á Mellor
Iniciativa Empresarial no sector TIC 2015 Patrocinado pola
Fundación Enxeñeiro Gerardo García Campos e dotado con 6.000
euros, este galardón pretende dar un impulso económico e social a
aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a
un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da
Información e as Comunicacións. As
bases deste premio están xa accesíbeis en formato PDF.
Premio Gradiant
á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2015
Patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das
Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e dotado con 2.000 euros,
con este premio preténdese fomentar a realización de teses
doutorais con potencial de achegar valor no mercado como vehículo de
xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das
universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun
eido aplicable ao sector TIC. As bases deste recoñecemento atópanse
dispoñíbeis en PDF.
Premio Mellor Proxecto TIC con beneficios
Sociais 2015
En colaboración coa Axencia de Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) este premio é de carácter
honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no
ámbito das novas tecnoloxías que contribúan e fornezan beneficios
á sociedade. As
bases, en PDF.
Premio INEO ao Produto ou Servizo TEIC
orientado ao "Internet das cousas" 2015
Patrocinado pola Asociación Multisectorial de Novas
Tecnoloxías da Información e Comunicación (Indo) e de carácter
honorífico, está destinado a recoñecer ás empresas que estean a
contribuír á modernización e á innovación na economía galega.
Máis
información sobre o galardón en formato PDF.
Ningún comentario:
Publicar un comentario