As
TIC e as novas xeracións semellan combinar ben, sempre e cando a relación
entre unhas e outras se leve a cabo con sentidiño. Así o indica o
Primeiro Estudo sobre Extraescolares e Novas Tecnoloxías, elaborado
por ConMasFuturo para toda
España e para todas as Comunidades. Máis polo miúdo, os alumnos de
Primaria e Secundaria de Galicia consideran máis atractivas as
actividades extraescolares baseadas nas novas tecnoloxías que outras
actividades de apoio á formación, segundo se conclúe dos datos da
dita investigación. Deste xeito, en Galicia un 67% dos mozos e un
46% das mozas en Educación Primaria indica que, á hora de elixir
unha actividade extraescolar, prefiren Minecraft, robótica ou
desenvolvemento de videoxogos, en troques doutras como inglés, judo
ou xadrez.
Asemade,
segundo o estudo, o 78% dos mozos e o 64% das mozas que cursan
estudos de Secundaria sinalan entre as súas extraescolares
preferidas o desenvolvemento de aplicacións móbiles, a programación
de páxinas web e a robótica, fronte a outras materias que nalgúns
casos poden chegar a percibir coma un castigo.
O
estudo baseouse nunha enquisa presencial e en liña realizada ao
longo deste mes de maio, na que participaron 2.000 alumnos e alumnas
residentes en España e que se levou a cabo co obxectivo de coñecer
as súas preferencias á hora de elixir actividade extraescolar.
Os
resultados deste estudo para toda España amosan que un 68% dos
alumnos e alumnas de Primaria e até un 74% dos de Secundaria
optarían, de poder elixir, por actividades extraescolares
relacionadas coas novas tecnoloxías.
“Estas
ferramentas acabarán sendo como o inglés, unha materia que hai anos
poucos estudaban, pero que agora os nenos e nenas aprenden desde a
infancia. As novas tecnoloxías baséanse nunha linguaxe que eles
adquiren dunha forma natural, como montar en bicicleta ou patinar, e
que lles permite acceder a un mundo cheo de posibilidades”, explica
Antolín García, fundador de ConMasFuturo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario