xoves, 7 de maio de 2015

A CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais do profesorado na Universidade de Santiago de Compostela

A CIG-Ensino foi organización máis votada obtendo a maioría de delegados na Universidade de Santiago de Compostela.

Os resultados reafirman e fortalecen o traballo da CIG-Ensino como a organización sindical maioritaria e de referencia na USC, grazas ao apoio maioritario de profesorado. A CIG-Ensino obtén 14 delegados/as e segue sendo a forza maioritaria do sistema universitario galego.

A CIG-Ensino gañou esta cuarta feira (6 de maio) as eleccións sindicais entre o persoal docente e investigador da USC. Con 14 representantes a central sindical nacionalista mantén a súa maioría seguida de CC.OO con 13 e de UGT e o CSIF que contarán con 11 cada unha.
Por campus o reparto fica da seguinte maneira. PDI Laborais Compostela: CIG (6), CC.OO (4), UGT (4), CSIF (3). PDI Laborais Lugo: CIG (2), CC.OO (2), UGT (3), CSIF (2). PDI Funcionarios. CIG (6), CC.OO (7), UGT (4), CSIF (6).
Desde a CIG amosaron o seu "agradecemento" pola confianza e apoio que o profesorado vén de amosar co seu voto maioritario á CIG-Ensino. Este apoio maioritario supón un aval e un recoñecemento ao traballo realizado pola CIG-Ensino durante estes catro anos, á oposición e rexeitamento absoluto e máis contundente ás políticas de recorte permanente da universidade, a falta de financiamento e a precarización das condicións de traballo do profesorado.

Ante estes resultados tanto o reitor como o conselleiro de Educación deben tomar boa nota para dar un cambio de rumbo radical á política educativa na universidade. Este apoio maioritario da CIG ten que traducirse nun reforzamento da universidade pública e nun incremento dos cadros de persoal e na restitución de todos os dereitos que nos foron arrebatados.


A CIG-Ensino seguirá traballando pola promoción e estabilidade na carreira  docente, polo mantemento dos postos de traballo existentes e a creación  das que sexan necesarios,  polo recoñecemento ao PDI universitario do dereito á promoción interna, polo incremento do financiamento universitario,  contra os recortes e reclamando a convocatoria periódica estábel dos complementos autonómicos, o recoñecemento as múltiples tarefas asignadas ao PDI, a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos anos polas políticas desenvolvidas polos gobernos do PP e a restitución das pagas extras completas, entre outras moitas medidas recollidas no programa co que a CIG-Ensino se presentou a estas eleccións.
 
Número de delegados/as segundo os resultados




CIG
CCOO
UGT
CSIF

DEL
DEL
DEL
DEL
PDI LABORAIS SANTIAGO
6
4
4
3
PDI LABORAIS LUGO
2
2
3
2
PDI FUNCIONARIOS
6
7
4
6
TOTAL
14
13
11
11

Ningún comentario:

Publicar un comentario