O retroceso da lingua galega é un epifenómeno da involución que o país sofre en todos os ámbitos da vida social e económica. É algo máis: é o termómetro da perda de sustancia do país, da súa desnaturalización. Con menos galego somos menos Galiza. Escoito Henrique Monteagudo dicer na Ser que nesta campaña PP e PSOE utilizan menos o galego do que nunca. Ten razón. Acerta o BNG ao interpelar diretamente a Feijóo, ao confrontalo coas súas obrigas institucionais, que desatende, de protección do noso idioma, símbolo do que somos, si, mais tamén recurso estratéxico para o desenvolvimento económico.
Sabemos de vello que ningún país renuncia porque si á súa lingua. Se o fai é porque se sente débil, porque soporta unha presión allea. As últimas estatísticas do IGE sobre a perda de peso do galego son estarrecedoras e espellan unha Galiza desdebuxada, desenfocada no pior momento para estar así, xusto cando as outras nacións do Estado pisan forte sobre o escenario en demanda de maiores espazos de poder político e, portanto, económico.Estamos en campaña e é ben interesante ollar para as distintas forzas en liza para observarmos que opinan sobre a cuestión lingüística. Hase de dicer que estamos en municipais e que talvez non sexa o local o ámbito en que a lingua estea máis en causa. Craso erro. Non hai ningún chanzo da vida política e social que non atinxa diretamente a lingua e os concellos son ou poden ser poderosísimas ferramentas de normalización do idioma. E por normalización non entendo o uso e o respeito da lexislación -eses mínimos teriamos de os dar por suposto-, senón compromiso activo a prol da lingua. Non se trata só de toda a documentación oficial estar en galego, non se trata apenas de garantir o uso oral e escrito do galego por parte de concelleiras e concelleiros, trátase de colocar o galego no top das prioridades públicas, por ser o noso maior ben cultural e simbólico, si, mais tamén por ser un recurso estratéxico para xerarmos riqueza, benestar, dinámica económica, un recurso infelizmente infrautilizado no ámbito das administracións públicas, e isto vale para cuase todas, con moi escasas excepcións.
Pouco cabe agardar das forzas políticas estatais neste campo. Nada do PP, máis ben o contrario, tomado como está por unha elite que ve o galego como un lastreUn recurso extraordinario, claro, porque sen el hoxe non disporiamos dunha industria editorial propia, ou dunha industria audiovisual propia, ou dun sector de comunicación propio -no campo do xornalismo dixital, no impreso e agora até no audiovisual, coa feliz nova etapa de Irmandade TV...
Ese recurso extraordinario haino que pór en funcionamento, hai que investir nel, ten de estar na cabeza das persoas que xestionen os concellos galegos como un activo económico de primeiro orde.
Unha economía baseada no coñecimento, nas novas tecnoloxías, no uso intelixente da telemática e das redes sociais, hase de declinar en galego, e nesa tarefa os concellos están chamados a xogar un papel básico.
Non vale, pois, dicer que queremos galego un día ao ano e logo xustificarnos con que o boletín X o temos impreso na nosa lingua. Fai falta moito máis.
A cuestión chave é se se está ou non disposto a considerar o galego un activo estratéxico e se se está disposto a abrir, con todas as consecuencias, e con valentía, un debate social sobre o galegoPouco cabe agardar das forzas políticas estatais neste campo. Nada do PP, máis ben o contrario, tomado como está por unha elite que ve o galego como un lastre á hora de sumar pontos para conquistar o favor da cúpula madrileña. Pouco, moi pouco do PSOE, cos seus candidatos en cidades chave do país a falaren cuase exclusivamente en español. E o mesmo se diga das formacións emerxentes, Ciudadanos a se situar na liña feijoniana (sendo máis papista que o papa, pois Rivera si fala catalán no Principat) e Podemos, con non poucas vacilacións ao respeito, embora felizmente no uso formal se manteña no galego.
Mais a cuestión chave non está no uso meramente formal do galego: tamén o PP o utiliza no Parlamento galego. A cuestión chave é se se está ou non disposto a considerar o galego un activo estratéxico para o desenvolvimento futuro do país e se se está disposto a abrir, con todas as consecuencias, e con valentía, un debate social sobre o galego e o rol que debe ocupar na sociedade.
Dispomos dun recurso -unha lingua propia distinta da que é oficial no Estado- da que carecen por exemplo Andalucía ou Murcia. Que queremos facer con ela? Canto galego queremos? Que rol queremos darlle, se algún, á súa dimensión internacional, como elo da lusofonía?? Ese debate téñeno que abrir forzosamente as forzas políticas e non facelo significa no fondo cumplicidade co statu quo actual, co rol de inferioridade do galego a respeito do español.
Nesta campaña, só o nacionalismo, só o BNG, apunta a lingua como elemento vertebrador do país e, portanto, dos concellos. E só o BNG afea a Feijóo que sexa o presidente da historia do país que menos utiliza o galego -ou que máis utiliza o español- na súa relación coas galegas e cos galegos. E como só o fai o BNG, o galego só entra colateralmente en campaña: para o resto das forzas o galego directamente non está no seu discurso.
Voltemos a Feijóo. Cumpre perguntarse: por que actúa así? A miña hipótese é que Feijóo axe así porque fai campaña pensando máis no asalto a Madrid do que na liga galega.
Mais el non é o único actor político que pensa antes en chave española do que en coordenadas galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario