A OCDE publicou hoxe un informe
sobre a empregabilidade, a formación e a educación dos menores de 30 anos, con
datos moi preocupantes para España, xa que no estudio o noso país queda á
cabeza dos ninis (cun 26,8%, moi
afastado do 14,9% de media) e tamén cunha taxa de desemprego (41,9%) só
superada por Italia (43,2%), destacándose o feito de que preto
da metade dos mozos de entre 16 e 29 anos carecen de experiencia no uso de
ordenadores no seu posto de traballo (situación na que só estamos peor que
Italia, o único país que supera a barreiro do 50% de toda a OCDE, mentres que
Corea do Sur estaría en preto do 25%).
Ao parecer, a experiencia dos españois coa informática na vida diaria está
dentro do estándar da OCDE, pero cando saltamos ao ámbito laboral a situación é
moi diferente, dando a impresión de que carecen da formación e a experiencia
que esixen os mercados laborais de economías avanzadas.
Os datos da OCDE parecen indicar a necesidade de desenvolver as habilidades
informáticas no ámbito laboral por parte da mocidade, deixando claro que o uso
da informática para o lecer non garda relación cos coñecementos necesarios para
empregar sistemas informáticos no contorno empresarial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario