Pola contra, hai outros indicadores máis negativos para Galicia e que ofrecen un contraste claro. Aumenta, por exemplo, a porcentaxe de galegos e galegas que non pode manter as súas vivendas a unha temperatura axeitada. É xa o 14,1%, crecendo dende o 12,2% de 2013 e o 7% de 2012. Outros indicadores de carencia material tamén se manteñen en niveis elevados; por exemplo, o 55,3% dos galegos e galegas afirma que non pode permitirse viaxar de vacacións unha semana ao ano, unha porcentaxe inferior á de 2013 (59.2%) pero superior ás dos anos anteriores de crise. De igual xeito, o 36,5% afirma que non pode permitirse enfrontar gastos imprevistos, a mesma proporción do pasado ano e aínda nos niveis máis elevados de todo o período de crise. Nestes indicadores, a situación de carencia material dos fogares galegos sitúase máis ou menos nos niveis medios do Estado.
2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | |
---|---|---|---|---|---|---|
Risco de pobreza | 20.6 | 18.1 | 16.1 | 18.3 | 17.2 | 15.4 |
Risco de pobreza e exclusión social | 24.6 | 22.7 | 21 | 23.8 | 24.3 | 23.8 |
De igual xeito, increméntase o número de galegos e galegas que afirman chegar con dificultades ou con moitas dificultades a final de mes. As persoas que din pasar por moitas dificultades son xa o 21,5%, catro puntos máis que o ano pasado e máis do dobre das de antes da crise. O dato galego, neste caso, é peor que a media española (17,5%). De feito, a suma das persoas con dificultades e moitas dificultades é xa do 41,4%, cando en 2008 eran o 27,4%. Tan só en Murcia, Andalucía, Canarias, Estremadura e a Comunidades Valenciana hai máis persoas que din chegar a final de mes con estas dificultades.
No último ano, semella que unha parte da poboación si sentiu unha certa mellora económica, e neste senso creceu a porcentaxe de persoas que din chegar con facilidade a fin de mes. Son o 11,5% dos galegos e galegas (en 2013 eran o 5,9%), unha proporción semellante á de 2008.
2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Dificultade/ Moita dificultade | 27.4 | 32.6 | 29.9 | 29.2 | 30.9 | 37.7 | 41.4 |
Certa dificultade / Certa facilidade | 61.2 | 54.4 | 57.2 | 59.4 | 59.4 | 56.4 | 47.2 |
Facilidade / Moita facilidade | 11.4 | 12.9 | 12.9 | 11.4 | 9.7 | 5.9 | 11.5 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario