O STEG ten coñecemento de que algúns/algunhas
inspectores/as ou directores/as están trasladando ao profesorado
instruccións no sentido de faceren a avaliación de 3º de EP mesmo a
aquel alumnado que acuda ao centro cun documento onde os seus titores
legais manifesten a intención de que o neno/a non realice a proba.
Ante esta situación o STEG lembra que:
-
É conveniente solicitar á inspección/dirección que todas as instrucións (non explicitadas en norma algunha) que deban ser implementadas polo profesorado ao seu cargo sexan aportadas por escrito.
-
O profesorado ten a obriga de cumprir coas instrucións dadas pola inspeción/dirección como superior xerárquico e que calquera incumprimento neste senso pode ser obxecto de procedemento disciplinario. O alumnado que asista á aula o día da avaliación con autorización dos seus titores legais para non facer a proba poderá deixar a proba de avaliación en branco e achegar, xunto coa mesma, o escrito asinado polas nais/pais.
-
Aínda que estas probas sexan finalmente avaliadas non terán, no presente curso, consecuencias académicas.
-
Lembramos que esta medida de oposición pode non ter reflexo algún nas estatísticas, e inclusive non hai garantía algunha de que os responsables da avaliación adxunten o escrito á proba por ser documentación allea á mesma. Isto podería restar repercusión ao boicot e colocar as nenas e nenos de 8 anos nunha situación estresante, onde nin sequera van estar acompañados polas súas mestras e mestres. Por este motivo, recomendamos a opción da non asistencia do alumnado ao centro ou a organización de quendas de gardaría para acoller a aquel alumnado que non teña alternativa.
Xustificación de inasistencia a clase os días da reválida
Xustificación da non realización da reválida
Consideracións ante as instrucións dalgunas inspeccións/direccións
Permanente do Secretariado Nacional
Ningún comentario:
Publicar un comentario