Cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparado nun estudo que demostra que un
mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co
profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en
castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da
Universidade de Santiago de Compostela lanza a campaña ‘Ensinas máis do
que cres’ para fomentar o uso da lingua galega na docencia nesta
institución.
O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa a propia USC, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario