Deixemos que vaia marchando de nosoutros o 17 de maio, con Filgueira ó
carrelo, que nos pase por diante coma un tren de mercadorías con
locomotora sen pantógrafo e nos deixe un fume mesto e tóxico. Así
teremos escusa para protexernos, que a cousa dá xa para case toda clase
de prevencións. E empecemos a tratar a lingua como merece unha
lingua. Imaxino que algo semellante a iso vén a ser a soleira do
edificio da normalización que se esixe, se soña e se desexa conquistar.
A lingua, esa é outra, é historia. E como tal, materia. Materia da que se toca, pois narra a suxeición dos seres humanos, colectiva e individualmente, ás condicións materiais que nos asaltan, ou sexa, ás relacións de produción. Como determinar, se non, a relación entre os significantes que imos tecendo pasiño a pasiño e os significados que os perseguen, ás veces desde a máis estrondosa clandestinidade. Non existen significantes baleiros, non nos enganemos; existen significados e significantes hexemónicos e significados e significantes subalternos. E, como sabemos desde hai tempo, todos eles non deixan de ser en certa medida abstraccións, pois os planos do signo lingüístico son indivisibles e inseparables.
A lingua é historia e materia. Historia material. Cóntanos completamente desde o seu primeiro xesto comprensible e recoñecible. Podemos poñerlle o nome que queiramos, pero ela vaise narrando no día a día e cos materiais que vai encontrando no seu camiño. Que podemos facer senón ollala ao longo de todo o seu proceso histórico, que é o de nós, coas súas luces e as súas pesadísimas sombras. Pero que é a historia da humanidade senón un relato de luces e pesadísimas sombras? Non é acaso, dalgunha forma, un camiño en parte errado e en parte imprescindible de cristalización paulatina dunha común pulsión liberadora? Pois empecemos a comprender a lingua de nós así, desa maneira, coma un carreiro cheo de sombras que expresa necesariamente unha teimuda vontade de liberación. Esa é a gran contradición de toda lingua viva. Porque a propia vida, e por tanto a condición de ser social vivo de toda lingua, é unha inmensa contradición que probablemente non se resolve nunca. E sempre sobrevive como contradición, como conflito. Por iso ninguén coñece nin coñecerá nunca ningunha lingua perfecta.
Un é a desmaterialización da lingua, a súa negación histórica. Porque poida que non nos guste o proceso que nos trouxo ata aquí, pero é o que temos e é o que somos. Se a lingua ten unha zona de construción de identidade, esta ou se expresa en termos históricos ou é puro fume idealista. E cando falamos de termos históricos referímonos a procesos de séculos, non a momentos concretos e estáticos, puras fotografías, inmobilidades idealistas que talvez responden máis a estadios idealizados de nós, da nación, da lingua, da cultura...
Outro é a pureza. Non existen linguas puras. Por sorte para as linguas e para os seus falantes. Non hai pureza posible se toda lingua, cada lingua, é un proceso histórico de derrotas e, como mínimo, unha vitoria, a que permite que a lingua siga actuando coma ser vivo, ou sexa, que siga tendo rendemento social. Inevitablemente, daquela, a lingua, toda lingua ao longo da historia da humanidade, é un ser híbrido, mestizo, impuro, contraditorio e inabarcable que se constrúe sen coñecer lindes. Ou asumimos a lingua nesta dimensión híbrida, mestiza, impura, contaminada e viva, ou non encontraremos maneira de a protexermos dos seus destrutores. É dicir, de protexernos colectivamente. Canta máis distancia se abre entre os usuarios e unha idea de lingua como pureza, como unha especie de restitución histórica ideal, máis a desmaterializamos, máis a arredamos dos circuítos sociais. Máis a alleamos, por tanto, do común de nós. Podemos construír unha idea de lingua moi pura e moi tranquilizadora, pero estarémola retirando da impureza do escenario social; estaremos, por tanto, fosilizándoa. Ese será o peor favor que nos fagamos a nós mesmos, que aquí, coma en tantas outras cousas, somos o verdadeiramente importante.
Non nos interesa o que ocorra no futuro. Porque non estaremos alí para experimentalo, claro, pero sobre todo porque o futuro está sempre escrito con letras de desaparición. O futuro non deixa de ser tamén outra abstracción, mentres non encontremos a maneira de reverter a frecha do tempo e viaxar pola dimensión espazo-temporal coma se fora un carreiro de infinitos sentidos. O futuro é pouco máis ou menos todo un colapso planetario, ben sexa pola acción suicida do ser humano, ben polo odio que nos teña algún asteroide cabrón, ben pola inevitable extinción da estrela que nos permite vivir aquí neste punto mediocre do sistema solar e do Universo.
Non é o futuro o que cómpre conquistar para a lingua. É o presente. E se non centramos neste tempo presente todos os esforzos estaremos asumindo xa de entrada a peor das derrotas. Ou, o que é moitísimo peor, estarémola escribindo nós mesmos. Toda política lingüística democratizadora, que combata a uniformización e o alleamento, que se conciba normalizadora, debería focalizarse no tempo menos atendido de todos: o presente. É o máis incómodo, iso tamén, porque nos esixe luxar as mans e porque o ser humano parece que ás veces encontra moitísimo máis pracer en moverse libremente polo pasado e polo futuro. Os tempos menos comprometidos, menos materiais, máis idealizables.
Sexa como sexa, igual non é mala idea que algún dos 17 de maio vindeiros se constitúa como acontecemento do principio dun grande acordo nacional pola lingua. Un grande acordo que nos permita esnaquizar os vellos discursos e prácticas de distanciamento e fragmentación para construír un novo discurso amplo, plural, diverso, integrador, democrático, materialista. E aí teremos que recoñecer como arbitrario o que é arbitrario e acordar as formas en que materializamos eses espazos e os sometemos aos intereses e ás necesidades dos usuarios e usuarias que todas, de múltiples maneiras, somos.
Empecemos a tratar a lingua como merece unha lingua. Imaxino que algo semellante a iso vén a ser a soleira do edificio da normalización que se esixe, se soña e se desexa conquistarPrincipiemos por non lles temer ás palabras, porque é unha contradición destrutiva falar de lingua, pensala, defendela, amala, sen ceibar para fóra o maldito temor ás palabras. Un temor imposto, normalmente, ou apurrado, por mandaríns e mordomos e servidores varios do poder. Do poder real, digo, non das súas representacións holográficas. Porque a lingua tamén é, e iso ben o saben, espazo de disputa do poder, expresión da loita polo seu exercicio e folio no que se escriben as contradicións. A lingua é loita de clases baixo algunha forma precisa. Sempre o é, en calquera condición. Reproduce nas súas dinámicas o máis superficial e o máis profundo dese motor da historia.
A lingua, esa é outra, é historia. E como tal, materia. Materia da que se toca, pois narra a suxeición dos seres humanos, colectiva e individualmente, ás condicións materiais que nos asaltan, ou sexa, ás relacións de produción. Como determinar, se non, a relación entre os significantes que imos tecendo pasiño a pasiño e os significados que os perseguen, ás veces desde a máis estrondosa clandestinidade. Non existen significantes baleiros, non nos enganemos; existen significados e significantes hexemónicos e significados e significantes subalternos. E, como sabemos desde hai tempo, todos eles non deixan de ser en certa medida abstraccións, pois os planos do signo lingüístico son indivisibles e inseparables.
A lingua é historia e materia. Historia material. Cóntanos completamente desde o seu primeiro xesto comprensible e recoñecible. Podemos poñerlle o nome que queiramos, pero ela vaise narrando no día a día e cos materiais que vai encontrando no seu camiño. Que podemos facer senón ollala ao longo de todo o seu proceso histórico, que é o de nós, coas súas luces e as súas pesadísimas sombras. Pero que é a historia da humanidade senón un relato de luces e pesadísimas sombras? Non é acaso, dalgunha forma, un camiño en parte errado e en parte imprescindible de cristalización paulatina dunha común pulsión liberadora? Pois empecemos a comprender a lingua de nós así, desa maneira, coma un carreiro cheo de sombras que expresa necesariamente unha teimuda vontade de liberación. Esa é a gran contradición de toda lingua viva. Porque a propia vida, e por tanto a condición de ser social vivo de toda lingua, é unha inmensa contradición que probablemente non se resolve nunca. E sempre sobrevive como contradición, como conflito. Por iso ninguén coñece nin coñecerá nunca ningunha lingua perfecta.
A propia vida, e por tanto a condición de ser social vivo de toda lingua, é unha inmensa contradición que probablemente non se resolve nunca. E sempre sobrevive como contradición, como conflito. Por iso ninguén coñece nin coñecerá nunca ningunha lingua perfectaÚrxenos, entón, se queremos ser nós, alertarnos contra os nosos propios monstros. E eu modestamente advirto tres, os tres intimamente relacionados. Seguro que hai máis, moitos máis.
Un é a desmaterialización da lingua, a súa negación histórica. Porque poida que non nos guste o proceso que nos trouxo ata aquí, pero é o que temos e é o que somos. Se a lingua ten unha zona de construción de identidade, esta ou se expresa en termos históricos ou é puro fume idealista. E cando falamos de termos históricos referímonos a procesos de séculos, non a momentos concretos e estáticos, puras fotografías, inmobilidades idealistas que talvez responden máis a estadios idealizados de nós, da nación, da lingua, da cultura...
Outro é a pureza. Non existen linguas puras. Por sorte para as linguas e para os seus falantes. Non hai pureza posible se toda lingua, cada lingua, é un proceso histórico de derrotas e, como mínimo, unha vitoria, a que permite que a lingua siga actuando coma ser vivo, ou sexa, que siga tendo rendemento social. Inevitablemente, daquela, a lingua, toda lingua ao longo da historia da humanidade, é un ser híbrido, mestizo, impuro, contraditorio e inabarcable que se constrúe sen coñecer lindes. Ou asumimos a lingua nesta dimensión híbrida, mestiza, impura, contaminada e viva, ou non encontraremos maneira de a protexermos dos seus destrutores. É dicir, de protexernos colectivamente. Canta máis distancia se abre entre os usuarios e unha idea de lingua como pureza, como unha especie de restitución histórica ideal, máis a desmaterializamos, máis a arredamos dos circuítos sociais. Máis a alleamos, por tanto, do común de nós. Podemos construír unha idea de lingua moi pura e moi tranquilizadora, pero estarémola retirando da impureza do escenario social; estaremos, por tanto, fosilizándoa. Ese será o peor favor que nos fagamos a nós mesmos, que aquí, coma en tantas outras cousas, somos o verdadeiramente importante.
Ou asumimos a lingua nesta dimensión híbrida, mestiza, impura, contaminada e viva, ou non encontraremos maneira de a protexermos dos seus destrutoresE aí vén o terceiro monstro, que está relacionado cos dous anteriores tamén e que eu denominaría algo así coma futuro invasivo. Porque a lingua non é cousa de futuro. Ou, digámolo doutra maneira; mellor nos será que a lingua non se acelere obsesivamente cara ao futuro, porque iso significará un consciente distanciamento do presente. Canto antes asumamos a mortalidade, a imposibilidade de sermos eternos, antes terminaremos coa infelicidade. O futuro non existe. Combatamos ferozmente, pois, a perigosa idea de derivar a lingua ao futuro, que pode chegar a ser tan nociva coma a que nos esixe que derivemos a nosa propia vida a un futuro que nunca veremos no canto de vivila.
Non nos interesa o que ocorra no futuro. Porque non estaremos alí para experimentalo, claro, pero sobre todo porque o futuro está sempre escrito con letras de desaparición. O futuro non deixa de ser tamén outra abstracción, mentres non encontremos a maneira de reverter a frecha do tempo e viaxar pola dimensión espazo-temporal coma se fora un carreiro de infinitos sentidos. O futuro é pouco máis ou menos todo un colapso planetario, ben sexa pola acción suicida do ser humano, ben polo odio que nos teña algún asteroide cabrón, ben pola inevitable extinción da estrela que nos permite vivir aquí neste punto mediocre do sistema solar e do Universo.
Non é o futuro o que cómpre conquistar para a lingua. É o presente. E se non centramos neste tempo presente todos os esforzos estaremos asumindo xa de entrada a peor das derrotas. Ou, o que é moitísimo peor, estarémola escribindo nós mesmos. Toda política lingüística democratizadora, que combata a uniformización e o alleamento, que se conciba normalizadora, debería focalizarse no tempo menos atendido de todos: o presente. É o máis incómodo, iso tamén, porque nos esixe luxar as mans e porque o ser humano parece que ás veces encontra moitísimo máis pracer en moverse libremente polo pasado e polo futuro. Os tempos menos comprometidos, menos materiais, máis idealizables.
Non é o futuro o que cómpre conquistar para a lingua. É o presente. E se non centramos neste tempo presente todos os esforzos estaremos asumindo xa de entrada a peor das derrotasO presente é sempre moi complicado, porque nos esixe tomar decisións en cada momento. Decisións que non están marcadas en ningún libro de profecías nin en ningún manual de divulgación de ciencia paranormal para principiantes. É a propia materialidade na que nos envorcallamos a que nolo esixe, e por tanto non nos queda máis remedio que luxarnos todo o que poidamos. E aí, nese recorrente luxar as mans e os corpos e todo o que faga falla luxar, aparecen as luces da conquista de dereitos fundamentais non recoñecidos nin desde un punto de vista formal. Ou un simple dereito: vivir a totalidade das nosas vidas na nosa lingua. Un dereito tan simple e tan radicalmente democrático que o marco xurídico vixente non poderá garantir de ningunha das maneiras sen colapsar definitivamente. E entón, se é así, resultará que un dos mellores favores que nos podemos facer, tamén por razóns de lingua, que non son separables das vitais, é armar un novo poder constituínte. Por aí haberá que continuar.
Sexa como sexa, igual non é mala idea que algún dos 17 de maio vindeiros se constitúa como acontecemento do principio dun grande acordo nacional pola linguaMentres, toda política lingüística verdadeiramente democrática e normalizadora debe partir inescusablemente deste simple dereito fundamental a vivirmos na nosa propia lingua a totalidade das nosas vidas, a non termos que cambiar de idioma, activa ou pasivamente, se non nos dá a gana. Serán políticas lingüísticas de resistencia cando cumpra, pero sobre todo, talvez, de construción alternativa de realidades favorables a todos os usuarios e usuarias desta lingua que chamamos galego. E esa dimensión é a que nos permite tamén entender que ao redor das persoas usuarias, activas e pasivas, se constrúe o valor e a identificación da lingua. Sen mistificacións. Porque, ao cabo, e parafraseando a famosa tautoloxía de Fole -a fala é o que se fala-, unha lingua somos os seus usuarios.
Sexa como sexa, igual non é mala idea que algún dos 17 de maio vindeiros se constitúa como acontecemento do principio dun grande acordo nacional pola lingua. Un grande acordo que nos permita esnaquizar os vellos discursos e prácticas de distanciamento e fragmentación para construír un novo discurso amplo, plural, diverso, integrador, democrático, materialista. E aí teremos que recoñecer como arbitrario o que é arbitrario e acordar as formas en que materializamos eses espazos e os sometemos aos intereses e ás necesidades dos usuarios e usuarias que todas, de múltiples maneiras, somos.
Talvez a figura de Filgueira Valverde, un erudito dunha obra inobxectable pero un personaxe historicamente máis que discutible, pode actuar como negativo dun primeiro fotograma da película que debemos comprometernos a rodarTalvez a figura de Filgueira Valverde, un erudito dunha obra inobxectable pero un personaxe historicamente máis que discutible, pode actuar como negativo dun primeiro fotograma da película que debemos comprometernos a rodar. Unha película sen dono, coral, plural, diversa e de tramas abertas, á altura dos requirimentos do noso tempo. Deste presente que teimamos en conquistar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario