1. Facer unha recollida de sinaturas por ANPA para entregar na FANPA para esixir a modificación da proba nos termos que recolle o arquivo que achegamos con este correo.
2. Facer unha recollida de sinaturas nos mesmos termos en: www.goo.gl/oAwWJC
3. Poñer a disposición dos pais que queiran manifestar a súa oposición á proba un escrito dirixido ao conselleiro de Educación para presentar na secretaría do colexio. Tamén se manda xunto con este correo.
Por outra banda, como integrantes de CONFAPA (Confederación de ANPA na Comunidade Autónoma) informamos ás ANPA que podedes presentar un escrito dirixido á dirección do voso colexio para solicitar información sobre as medidas ordinarias e extraordinarias que se tomarán no caso de que a avaliación individual dun alumno/a de terceiro resulte desfavorable. Tamén enviamos arquivo.
Tanto a FANPA coma as ANPA temos o deber de informar aos pais e nais pero son eles os que teñen a liberdade e responsabilidade para decidir a súa forma de opoñerse ou/e manifestar o seu desacordo coa realización da devandita proba.
Documentos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario