O STEG considera inadmisíbel o fomento e difusión destes contidos.
O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do
ensino de Galiza, ante a polémica desatada nos últimos días a raíz da
difusión nas redes dos contidos do libro de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da
ESO, utilizado nalgúns centros concertados de ideario católico,
considera inaceptábel esta tentativa de fomentar e difundir unha
ideoloxía retrógrada e preconceptuosa en textos destinados á formación
das mentes infantís. O libro Biología y Geología - Vida y Salud, con
ISBN (978-84-615-0665-1), atribuído inicialmente a SM, mereceu un comunicado
da propia editorial negando tal “paternidade” ― a editorial,
“simplemente”, terá imprimido e maquetado o texto ideado por “algunha
institución” coa cal ten ese acordo―.
Entre os excertos citados aparecen aseveracións como “La homosexualidad y la heterosexualidad no son equiparables desde el punto de vista de la salud. Esto se debe a la propia naturaleza de la relación homosexual, que supone asumir un mayor riesgo y suele asociarse con multiplicidad de parejas”, de claro contido homofóbico e que, por tanto, incumpre as distintas normativas nacionais e internacionais, como son os Principios de Yogyakarta, que protexen a diversidade sexual e a identidade de xénero como parte dos Dereitos Humanos fundamentais.
O STEG considera intolerábel que nun centro educativo se impartan contidos que fomentan a homofobia e que atentan directamente non só contra as persoas LGTBI senón tamén contra o resto de alumnado que está sendo adoutrinado en valores que perpetúan as discriminacións existentes por diversidade sexual.
Consideramos igualmente inadmisíbel que se manteñan concertos educativos (sostidos, por tanto, con diñeiros públicos) con centros que baixo o paraugas da “liberdade do propio ideario”, non só discriminan por razón de sexo, senón que adoutrinan contra as liberdades e os dereitos fundamentais das persoas: neste caso o da diversidade sexual e de identidade de xénero de cada individuo.
Non se pode consentir que desde 2007, data da primeira edición do citado libro, até hoxe, este non fose retirado das aulas polas autoridades competentes, cando é responsabilidade da alta inspección e da inspección educativa do Estado non autorizar previamente senón supervisar a posteriori os contidos curriculares e a interpretación que se fai deles nos libros e materiais curriculares utilizados polos centros educativos públicos e concertados de todo o Estado (salvo en relixión, onde tal responsabilidade compete ás autoridades eclesiásticas).
Por iso, o STEG, independentemente dos datos concretos que envolven o aparecimento desta polémica, esixe que se aplique a normativa vixente en relación a libros e materiais curriculares, e que se renoven todos aqueles textos que non só atenten senón que non fomenten a igualdade sen discriminación ―por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero incluídas―, advertindo os centros que os utilizaren sobre a responsabilidade en que incorrerian por tal utilización.
Como paso intermedio no desenvolvemento total da rede pública de ensino e en beneficio dunha educación máis respectuosa, plena, inclusiva e de calidade, desde o STEG instamos a este Goberno e ao que viñer despois a que substitúa en todos os centros educativos a relixión pola educación en valores e a que retire os concertos aos centros que discriminan por razón de sexo, identidade de xénero ou diversidade sexual.

Secretariado Nacional do STEG
Ningún comentario:
Publicar un comentario