Na zona hai 462 escolares de terceiro de Primaria convocados á proba.
A reválida para alumnos de terceiro de Primaria
celebrarase hoxe e mañá nos centros educativos das comarcas para 462
nenos. Non todos estarán nestas probas que, segundo a Consellería de
Educación non teñen efectos no expediente académico dos escolares. Pais
do colexio Manuel Rivero de Lalín decidiron fai uns días nunha asemblea
non enviar aos seus fillos ao centro estes dous días e evitar así que
teñan que pasar polo exame.
O pronunciamiento contrario á reválida por parte dos
pais de alumnos do Manuel Rivero foi o único nas comarcas, aínda que
tamén algúns proxenitores de escolares do colexio Xesús Golmar, tamén en
Lalín, mantiveron un encontro para abordar esa posibilidade. Neste caso
non houbo consenso nin postura unánime, aínda que varios asistentes si
anunciaron a súa intención de non levar aos seus fillos ao centro nestas
xornadas.
Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a
consellería cifrou en 462 os alumnos que deberían realizar a reválida. A
maioría corresponden a Lalín, con 161 escolares de terceiro de
Primaria, mentres que son 152 na Estrada. En Silleda son 63, con 39 en
Vila de Cruces e quince en Forcarei. Completan a relación os catorce de
Rodeiro e dez de Agolada, así como cinco en Dozón e tan só tres en
Cerdedo. Desde hai semanas nos colexios vén preparando aos alumnos para
afrontar esta proba académica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario