O conselleiro asegura á CIG-Ensino que procurarán unha saída no prazo dunha semana.
Nunha xuntanza decorrida esta segunda feira (18 de maio) o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de asesoría xurídica da Xunta comprometéronse perante representantes da CIG-Ensino, entre @s que se atopaba o secretario nacional, Anxo Louzao, a procurar unha solución ao conflito co profesorado Celga no prazo dunha semana.Após as sentenzas favorábeis @s docentes, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) o goberno asegurou que readmitirían o persoal que impartía cursos de lingua galega para adult@s.
No encontro, desde a organización sindical nacionalista exixiron a Educación que convoque os cursos preparatoriose as respectivas probas para obter os diferentes títulos porque "o seu retraso está causando graves perxuízos a numerosas persoas", sinalaron.
Aliás, lembraron que é " totalmente inxustificable que a Consellería de Educación, a estas alturas, en lugar de aplicar as sentenzas, convocar os cursos que xa tiñan que estar iniciados e realizar as probas continúe sen darlle unha solución definitiva a este conflito e agravando a situación".
Ningún comentario:
Publicar un comentario