- A organización suxire os pais que non matriculen os seus fillos
na materia de Relixión no curso 2015-2016 e que respecten a súa
"liberdade de conciencia"
- Europa Laica, que reclama dende hai anos "que a relixión saia da
escola", considera que "a solución menos mala", sería optar pola
materia de Valores Sociais e Cívicos en Primaria e por Valores Éticos en
Secundaria
Europa Laica lanzou a campaña No me apuntes a relixión. Respecta a miña liberdade de conciencia, coa que suxiren aos pais que non matriculen os seus fillos na materia de Relixión no curso 2015-2016.Esta iniciativa enmárcase na campaña Por unha escola pública e laica a través da cal, a organización reclama dende hai anos xunto a outras organizacións "que a relixión salga da escola".
As razóns que achega a organización versan sobre o "respecto" á liberdade de conciencia dos infantes e a non lles impoñer "ningún dogma relixioso ata que comprendan e poidan decidir por si mesmo". Outra das razóns que esgrimen é a posibilidade de elixir "ensinanzas de valores e cívicos" e de "valores éticos", en lugar da relixión.
Entendemos que as diferentes conviccións persoais, incluídas as crenzas relixiosas, así como os dogmas de calquera natureza, non son cuestións a formular no ámbito escolar. Xa que para iso hai outros lugares: igrexas, mesquitas, sinagogas… etc ", remarca a organización, que engade que a escola debe servir para "aprender, desenvolver capacidades, incluír e non segregar, non discriminar por motivos de raza, sexo, relixión, opinión e para respectar a liberdade de conciencia dos menores", e fai referencia aos artigos 10 e 14 da Constitución.
E é que, para a organización, a relixión "incrustada no ensino provoca a segregación de alumnado dende os tres anos, en función das conviccións dos seus pais e nais,". "As cuestións dogmáticas, o catecismo… en suma a segregación por motivos de crenzas vulnera o dereito á libre conciencia dos menores", denuncia.
En calquera caso, ata que isto aconteza e no marco da LOMCE, consideran que "a solución menos mala, sería optar pola materia de Valores Sociais e Cívicos en Primaria e por Valores Éticos en Secundaria". Non obstante, piden aos pais que estean atentos para que o profesorado desta materia non sexa o mesmo que imparte relixión.
Europa Laica, cre que as "315 horas" que se dedican á relixión na etapa de Primaria "poderíase investir noutras áreas troncais ou específicas". Ademais, refírense á etapa de Infantil para riscar de "barbaridade" que durante este período se imparta relixión aos nenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario